ESTEVO CREUS
“POEMAS DA CIDADE OCULTA”
Este ano no Club de lectura A Árbore Vermella leranse os poemas deste autor galego que naceu en Cee (A Coruña) e que dende o seu libro “Poemas da cidade oculta” nos fai reflexionar sobre os sentimentos e a vida .
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega tamén colabora con esta actividade. Por iso dende este blog animámosvos a todos a participar os xoves pola tarde no club de lectura compartindo os poemas deste poeta da nosa terra.