O alumnado de 1º da ESO , acompañados polos seus profes: Javier, Marita, Elisa, Rosa e Carmen, foron hoxe día 28 de marzo, a visitar o Balneario de Cabreiroá para coñecer e valorar a riqueza do seu entorno xa que Verín é moi importante pola calidade das súas augas, así como polos numerosos balnearios e fontes que posúe.
28 de mar. de 2012
27 de mar. de 2012
CONFERENCIA DE ANTROPOLOXÍA
Hoxe, 27 de marzo ás 9.40 o alumnado de 4º A da ESO e 1º Bacharelato A asistiron a unha conferencia do Antropólogo Forense Fernando Serrulla Rech sobre Antropoloxía Forense.
A conferencia estivo estruturada en dúas partes: 1ª EXPOSICIÓN EN POWER POINT sobre:
O traballo dun antropólogo forense.
- O levantamento do cadáver en Antropoloxía Forense.
- Técnicas de Identificación Humana.
- Causas de morte.
- O caso de Cova Arcoia.
2ª .-PARTE PRACTICA: Exame de dous esqueletos atopados en Cova Arcoia de 14 y 25 años de idade que faleceron por causas violentas.
Esta actividade foi realizada polos compañeir@s do Seminario de Ciencias Naturais e coordinada polo EDLG.
Grazas compañeir@s por facer posible que os noso alumnado poda participar nesta actividade tan interesante.
E por suposto moitísimas grazas a Fernando pola súa inestimable, maxistral e desinteresada colaboración, unha vez máis.
E por suposto moitísimas grazas a Fernando pola súa inestimable, maxistral e desinteresada colaboración, unha vez máis.
16 de mar. de 2012
GRANDES MULLERES DA HISTORIA
O pasado día 12 de marzo varias alumnas do IES Ribeira do Louro (Porriño) dirixidas pola súa profesora Virxinia Calviño visitaron as aulas do noso IES representando monólogos teatrais de mulleres célebres.
Foi esta unha actividade realizada en colaboración co Club de Lectura e coa Biblioteca para conmemorar o día da Muller Traballadora. Tamén fixemos un mural cos nomes de mulleres importantes e de mulleres traballadoras do noso Instituto: profesoras, persoal subalterno, persoal da limpeza, cafetería etc....