30 de mar. de 2014

II CONCURSO FOTOGRÁFICO ENTROIDO DE VERÍN

Xa podedes votar polas vosas fotos favoritas. Entrade no enlace http://normacigarron.blogspot.com.es/ , comprobade o número da vosa favorita e votade!!!!!!




27 de mar. de 2014

CHARLA INFORMATIVA SOBRE O GRADO DE ENFERMARÍA IMPARTIDO EN CHAVES

O pasado luns 24 de Marzo os alumnos de 2º de Bacharelo A, recibimos unha charla informativa sobre o Grao de Enfermaría impartido en Chaves, unha opción á que recorren moitos dos estudantes da nosa comarca unha vez rematados os estudos do bacharelato.

O acceso a este grao é relativamente doado: para aqueles que superasen o bacharelato basta con aprobar a materia de bioloxia nas PAU e acompañar este certificado da documentación requerida no centro (DNI, pasaporte, papeis de inscripción...) . Ademais plantéxase a opción de cursar o grao tamén a maiores de 23 anos tendo como único requisito superar un exame de Bioloxía e outro de Portugués.

A Escola Superior de Enfermaría “Dr. José Timóteo Montalvão Machado” está situada en Outeiro Seco, a uns 5 minutos do centro de Chaves e aproximadamente a 20 km de Verín.

As materias que se cursan neste grado son prácticamente idénticas ás impartidas nas Universidades Galegas. A única diferencia é que se imparte a maiores un idioma a escoller entre Francés, Inglés ou Portugués.
Para todos aqueles interesados en seguir formándose na rama de Saúde, esta non deixa de ser unha moi boa opción a ter en conta unha vez rematado o Bacharelato.
Brais Quintairos

26 de mar. de 2014

PAPAVENTOS

Despois de ler "Valados" de Agustín Fdez Paz, Marita invitou os alumnos e alumnas a crear de forma voluntaria algo que tamén fan Helena e Xoel, os protagonistas da novela. Estes, separados entre eles por valados visibles e invisibles, fabrican papaventos para poder comunicarse. Son un símbolo de liberdade (tan necesaria nestes tempos), proximidade e amor, neste caso en condicións difíciles para estes dous nenos.
Aínda que inicialmente esta actividade foi proposta para os alumnos de 1º ESO, pouco a pouco outros rapaces e rapazas e tamén maiores se sumaron a ela.

Nos papaventos ata agora pendurados os nenos, nenas e maiores falan deles mesmos e daquelas persoas as que queren.




24 de mar. de 2014

OS MOVEMENTOS DAS PLANTAS

Marta Méndez de 1º BAC A describe así a actividade.
Os nosos traballos consisten nuns murais nos que, por medio de imaxes tratamos de explicar os movementos das plantas; nastias e tropismos, e as diferenzas entre eles. A principal diferenza entre eles é a súa resposta. Nos tropismos, trátanse de respostas irreversibles e lentas, mentres que nas nastias estas son rápidas e reversibles.
Así con toda a información obtida de diversas fontes comenzamos os murais para os que utilizamos unha simple cartulina.
Para estruturar esta información decidimos realizar un esquema, agrupando os diferentes tipos de tropismos e de nastias, seguido dunha foto representativa para que a información quede máis clara.




20 de mar. de 2014

“8 de marzo día internacional da muller”

As traballadoras do IES “Xesús Taboada Chivite” de Verín, quixeron celebrar esta data cunha linguaxe icónica e baixo o lema :
“Sempre é 8 de marzo” , para manifestar o seu recoñecemento e admiración a todas aquelas mulleres en todo o mundo que, día a día coa súa participación na casa, no traballo, coa familia e na sociedade, nos demostran que teñen a forza, decisión e carácter para formar parte dun mundo mellor e igualitario para todos.
Aínda que na actualidade a sociedade teña avanzado moito, no referente á igualdade de xénero, quedan moitas cousas por cambiar; xa que sen diferenza de raza, relixión, cultura, situación económica, social ou política, moitas delas viven no maltrato e o menosprezo




6 de mar. de 2014

Irene Romero Rodríguez comparte con nós a súa experiencia nos Campus Científicos de Verán

Este último verán participei nos “Campus Científicos de Verano” (CCV). Seleccionáronme para o campus Bio-Tic Granada dende o 7 ao 13 de xullo no proxecto de “Conocimiento y TICs, entre todos construimos el futuro”, un dos catro que había nese campus (química, matemáticas, TICs e deporte e saúde).
Eramos 28 rapaces de toda España en 4 proxectos de 7 persoas cada un. Había 4 horas de clase pola mañá e actividades pola tarde como ir á piscina, visitar a Alhambra ou o centro de Granada...
Os de deporte e saúde fixeron probas físicas estudando os resultados mediante o método científico, os de química fixeron experimentos moi interesantes, os de matemáticas tiveron clases prácticas aplicando ás matemáticas a efectos ópticos, etc. Ademáis, todos tivemos charlas de deportistas, profesionais, profesores universitarios e de secundaria, científicos...
En TICS, o meu proxecto, empezamos con varias clases sobre a Web 2.0. e o software libre, a promoción e as redes sociais, a planificación e medición CIM… E nos días seguintes empezamos a facer actividades como un podcast, presentacións, un streaming... tivemos varias clases sobre estándares web, programación e linguaxe HTML, a World Wide Web, accesibilidade e usabilidade, etc. O que máis me gustou foi a programación e accesibilidade e usabilidade porque me pareceu moi interesante e era unha parte da informática que non coñecía.
O último día cada grupo fixo unha presentación para explicarlle aos demáis o que fixemos durante eses días.
Foi unha experiencia inolvidable que lles recomendo a todos os meus compañeiros, porque merece a pena. Aprendín moito e paseino moi ben. Ademais, coñecín a moita xente nova e fixen bos amigos.
Gustaríame agradecerlle a Loli Meiriño e a Antonio Vila que me axudaran, porque sen a súa axuda e sen a preocupación de Loli non podería participar.