30 de set. de 2014

EDIPO REI O VINDEIRO LUNS NO NOSO IES


Os poemas do río é o título dunha obra "teatral poética" creada pola nosa compañeira Cristina Corral Soilán, profesora de Lingua castelá e literatura no noso centro hai un ano.
Dinos Cristina na páxina web Os poemas do río: (http://ospoemasdorio.com/aobra/)

“Esta pequena obriña teatral composta en verso fala dunha xornada na aula dunha mestra. A profesora le co alumnado poemas que van compoñendo ele@s mesm@s e que conforman a historia dunha fraga de animais que recitan tamén.
Na obra e nos poemas tod@s prestan especial atención á lectura de versos das poetas galegas (María Mariño, Rosalía de Castro, Francisca Herrera, Pura Vázquez e Filomena Dato) que acompañan a historia que tod@s eles van creando.”

Marita vai traballar esta obra, na que poesía e teatro se unen, co seu alumnado, e compartirémola tamén cos rapaces e rapazas que queiran acompañarnos nunha sesión do club de lectura (agardamos que Cristina poida estar connosco).


Edipo Rei é a obra teatral que o grupo de teatro do IES Ribeira do Louro de Porriño vai representar no noso instituto o vindeiro luns, seis de outubro, ás 16:40. Agradecemos a profesorado e alumnado dese centro a súa xenerosidade, pois eles, grandes amantes do teatro, veñen sen agardar de nós nada a cambio, incluso costeándose eles mesmos a viaxe dende Porriño.

Xenerosidade e amor polo teatro e a poesía unen Os poemas do río de Cristina e Edipo Rei do IES Ribeira do Louro. Nós uniremos con fíos vermellos e verdes os espazos físicos do noso centro onde ambas obras serán postas en escea, lidas, "gozadas"....

Os fíos verdes e vermellos engarzarán tamén outros proxectos que se desenvolvan ó longo do curso…





25 de set. de 2014

CONCURSO DE CURTAS CO MOBIL AXENDA DIXITAL DE GALICIA 2020

Como te imaxinas que a tecnoloxía transformará Galicia no futuro?

Se tes entre 14 e 18 anos pon a túa imaxinación en marcha e axúdanos a ver Galicia a través das novas tecnoloxías!

Que tes que facer? Grava un vídeo de 3 minutos de duración máxima onde nos mostres como te imaxinas o futuro a través da tecnoloxía.
Cando? O prazo de presentación das curtas estará aberto desde o 15 de setembro ata o 30 de outubro de 2014.
Por que? Formarás parte da elaboración da nova Axenda Dixital – Horizonte 2020 e ademais se resultas un dos gañadores recibirás unha tableta. Os vídeos serán publicados nas redes sociais da Amtega onde poderáa elexir os teus favoritos.
Máis información

22 de set. de 2014

CONCURSO FOTOGRÁFICO IMAXES CON FONDO


Si es capaz de combinar unha fotografía cun texto de 140 caracteres (un tweet), podes participar, sensibilizar e gañar un premio!

A actividade ‘Imaxes con Fondo’ encádrase no Plan de Fortalecemento institucional, Sensibilización e Comunicación 2014 do Fondo Galego de Cooperación, cofinanciado pola Xunta de Galicia.

A IDEA É MÁIS IMPORTANTE QUE A CALIDADE DA TÚA CÁMARA FOTOGRÁFICA!

BASES