o pasado mércores tivemos unha sesión especial do club de lectura na que o protagonista foi, principalmente, o recentemente finado Neira Vilas. Por suposto, lemos algúns fragmentos das "Memorias dun neno labrego", mais tamén poemas (algúns deles con música) do libro "Cantarolas" e pinceladas de "Romaría de historias"
Ademais, Cristina Salgado, de 2º Bacharelato C, compartiu connosco unha fermosísima edición do "Principiño" e a nosa ex-alumna Irene Romero, grande amante da música, descubriunos o abraiante grupo Sumrrá.
26 de xan. de 2016
25 de xan. de 2016
MAQUETAS ESTRUTURA ADN
O alumnado de Bioloxía realizou estas maquetas da estrutura de dobre hélice do ADN
20 de xan. de 2016
IV CONCURSO FOTOGRÁFICO ENTROIDO DE VERÍN
Participade neste concurso fotográfico sobre o Entroido de Verín. Facede fotos durante estas festas coas vosas cámaras, móbiles… e gañade o concurso. Haberá agasallos para os gañadores
- Destinatarios: toda a comunidade educativa dos IES García Barbón, Castro de Baronceli e Xesús Taboada Chivite de Verín.
- Temática "O Entroido".
- Forma de participación: deberedes enviar un correo electrónico cos vosos datos (nome, apelidos e centro educativo) ao enderezo concursoentroidoverin@gmail.com antes do 21 de febreiro. Nel, achegaredes a fotografía xunto cun texto en galego de 140 caracteres como máximo. O texto terá relación coa fotografía.
- Cada participante poderá enviar unha fotografía-texto. Non se admitirán textos sen fotos nin fotos sen texto.
- A organización poderá rexeitar fotografías ou textos que considere ofensivos ou inapropiados.
- A organización fará unha exposición coas fotografías e textos enviados no blog http://normacigarron.blogspot.com.es/
- A organización difundirá cada fotografía e texto a través da conta de Twitter @Normacigarron1
- Resultarán gañadores os partipantes que máis retwitteos acaden.
14 de xan. de 2016
ENVASES DE ALIMENTOS COA INFORMACIÓN NUTRICIONAL
Presentámosvos os orixinais envases deseñados polo alumnado de 1º de bacharelato