25 de feb. de 2016

VII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA


O mércores 17 de febreiro celebrouse a VII Olimpíada de Xeoloxía no campus de Ourense da Universidade de Vigo, concretamente na Facultade de Ciencias. Como o seu propio nome indica, trátase dunha competición que consta de dúas probas relacionadas coa xeoloxía: por un lado a práctica, que se realiza en grupos de 4 e consta dun mapa topográfico e a identificación dun mineral, unha rocha, un fósil e unha forma de relevo; e por outro a individual, que consiste nun exame tipo test de 40 preguntas. Pódense presentar alumnos de 4º de ESO e 1º de Bach. O gañador pasa á fase nacional en Jaca con todos os gastos pagados e, se resulta vitorioso nesta, terá a fortuna de Xapón a competir no ámbito internacional.

Os alumnos de 1º de Bach do Chivite participamos formando catro grupos, acompañados por o profesor de ciencias naturais Javier e a profesora de bioloxía Guiomar. Partimos de Verín as 8:50, chegamos á universidade e, tras tomar algo na cafetería, reunímonos todos os participantes nunha das aulas do edificio ás 11:20. Alí recibíronnos cun pequeno agasallo: unha bolsa de tea da Universidade de Vigo con varios folletos, unha carpeta e un bloc de notas no interior. Un membro do profesorado deunos unhas indicacións básicas para todo o día e xa estabamos listos para comezar.

Antes de entrar ao laboratorio onde tiña lugar a proba práctica tivemos uns minutos para observar unha interesante exposición de rochas, minerais e fósiles a modo de repaso. Unha vez dentro, comezamos a primeira proba, que podía ser o mapa topográfico ou a de identificación segundo o grupo, para que ninguén puidese copiar. Dispoñiamos de 30 minutos para cada unha. No noso caso comezamos co mapa topográfico, que non deu moitos problemas. Proseguimos coa proba de identificación, e esta resultou sernos algo máis complicada.

Tras rematar foinos concedida algo máis dunha hora para repoñer forzas. As 14:45 reunímonos de novo na aula e deu comezo a proba teórica dunha hora. 40 preguntas de distintos niveis que case todos rematamos moito antes do límite de tempo.

De novo un descanso. Algúns quedáronse por os arredores e outros aproveitaron para ir ao centro comercial (con molladura incluída). Tras o descanso e para aproveitar a ocasión, un dos profesores da facultade deu unha pequena conferencia dividida en dúas partes: a primeira con finalidade propagandística sobre a Universidade de Vigo e a segunda, máis didáctica, sobre o termalismo en Ourense. Foi interesante, sobre todo a parte na que se desmentiu o mito do volcán en Ourense, pero en certas ocasións superaba o que podíamos entender en base ao noso nivel de coñecementos.

Pasamos a entrega de premios. As personalidades máis importantes do lugar dixeron unhas palabras de agradecemento para abrir a cerimonia. Os gañadores subiron ao estrado e recibiron un diploma e varios agasallos. Había un premio para os tres primeiros postos na proba individual, outro honorífico para o mellor de 4º da ESO e un último para o grupo gañador da proba práctica. Ningún deles foi parar ás nosas mans, outra vez será.

Para culminar o día e gardar un recordo reunímonos todos os participantes e o profesorado no vestíbulo e inmortalizamos o momento en fotografías. Así rematou a Olimpíada e comezou o camiño de volta a casa. Volvemos coas mans baleiras, pero coa experiencia dun gran día na nosa memoria.

Alberto Rivero Manso

ORGULLOSO DE SER CIGARRÓN

Chámome Ían Fernández Benito e son cigarrón. Vouvos contar o meu sentimento sobre a beleza do traxe e a tradición que leva consigo.
Para min máis que un traxe é un sentimento. Espero todos os dias do ano a que chegue o entroido. Un mes antes do Domingo de Corredoiro comeza a ferverme o sangue, comezo a sacar as chocas ás rúas para ir preparando o corpo, porque o traxe non vale vestilo de calquera maneira senón que hai que vestilo co orgullo que se merece.

Eu describiríao como un dos maiores praceres que se poden gozar nesta vila, ese arrepío e esa pel de pita que se pon ó escoitar as chocas por primeira vez dende o ano anterior. Ese sentimento en poucos lugares se pode sentir, por este motivo temos que coidar desta tradición como se da nosa vida dependera, “é o que nos queda”, o entroido de Verín, para min o mellor do mundo enteiro polo meu sentir.


Xa rematado este entroido despídoo con moita mágoa, pero orgulloso de ser cómplice del e de gozalo como nada. Deica o ano que vén, meu traxe querido, deica o ano que vén, o mellor entroido de todos! Espérovos con moita paixón.

23 de feb. de 2016

18 de feb. de 2016

LINGUA DE NAMORAR 2016

Está en marcha unha nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar. Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos e xurdido da iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o seu obxectivo éanimar ao uso da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais, tamén cando se desenvolven a través das tecnoloxías da información e da comunicación.



Tes de prazo ata o 28 de febreiro para presentar as túas mensaxes. A partir de aí, abrirase un novo prazo para as votacións, pois as mensaxes gañadoras escolleranse entre as 50 máis votadas

As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.

PARTICIPA

13 de feb. de 2016

11 de feb. de 2016

DOBRE OU NADA

Magnífica representación teatral sobre e contra o acoso escolar ao cargo do noso grupo de teatro A Tecedora de Soños


DOBRE OU NADA 1280x720 from DANIEL GARCIA CANCIO on Vimeo.

4 de feb. de 2016

FELIZ ENTROIDO A TODAS E TODOS!!!


Presentámosvos a colección de máscaras e antefaces deseñadas polo alumnado de 1º e 3º de ESO. Desexámosvos que o pasedes en grande!!!




3 de feb. de 2016

MAGAZINE RADIOFÓNICO DE 2º DE ESO

Magazine radiofónico co equipo de xornalistas aficionados de 2º ESO B do IES Xesús Taboada Chivite de Verín. Con todas as seccións:
• • Noticias
• Entrevistas
• O tempo
• Sección de cultura
• Sección de deportes