15 de dec. de 2016

BO NADAL 2016



Árbore dos desexos:

O profesor de tecnoloxía Enrique Álvarez tornou un piñeiro seco, nunha árbore branca, de ilusións e esperanzas. As pólas estanse enchendo de bolboretas de cores con desexos para o vindeiro ano.

 Ata o día 21 de decembro seguiranse pendurando lepidópteros cargados de soños para o 2017.

Esperamos que todos estes desexos se fagan realidade.







No taboleiro aparecen os propósitos do alumnado do instituto para o ano 2017.


Os alumnos de 1º ESO reflexionan sobre o que significa o Nadal para eles.

5 de dec. de 2016

AS NENAS E OS NENOS SOLDADO

O día 1  de decembro, os alumnos de bacharelato acudimos a una charla sobre os nenos e as nenas soldado, un tema moi grave na actualidade.
A charla comezou cunha breve introdución sobre que eran os nenos e nenas soldado. Son nenos de menos de dezaoito anos que foron recrutados de forma violenta, sobre os que se abusa psicoloxicamente con ameazas para combater nas guerras. As persoas que os recrutan son soldados do exército que tamén combaten nas guerrillas e que adestran a eses nenos para que eles tamén loiten.
Preto de 300.000 nenos e nenas están sendo obrigados a loitar en guerras actualmente, una cifra totalmente preocupante. Estes nenos e nenas forman o 10% dos ocupantes de moitos exércitos.
O país máis afectado é África, e dentro dese continente son países como República do Congo, Chad e Sudán os que máis involucrados se ven neste problema social. A parte de África tamén hai outros países nos que hai nenos e nenas soldado, como son Afganistán e Colombia, entre outros.
Na charla tamén se falou de Momar Badiane, un fotógrafo senegalés que realizou una exposición de fotografías sobre como se recrutan e se empregan ós nenos soldados.
Posteriormente, proxectáronse una serie de vídeos sobre este tema.
O primeiro vídeo trataba sobre varios testemuños de persoas que foran recrutadas cando eran moi cativos e sobre a parte máis difícil desa vida tan dura, que era a reintegración social. Cando eses nenos e nenas conseguían escapar desas guerras, a sociedade non adoitaba confiar neles, polo que era moi difícil a súa reinserción.
Nese mesmo vídeo, fíxose una pregunta moi interesante: Cando se deixa de ser vítima e se comeza a ser vitimario? É dicir, en que momento deixan os nenos de ser vítimas dun recrutamento e en que momento comen a ser asasinos, xa que aínda que o fagan de maneira formada, eses nenos ,na guerra, matan persoas.
En canto ao segundo vídeos, era un vídeo sobre unha historia concreta, a de un neno que non recordaba o seu verdadeiro nome, xa que cando estes soldados o recrutaron, asignáronlle un alcume de guerra.
O terceiro vídeo trataba sobre unha serie de testemuños de nenos que foran soldados xa dende moi cativos.
Por último, vimos un vídeo musical no que a canción trataba sobre os nenos e nenos soldados, e que foi composta por un famoso cantante español.
En canto a miña opinión, está claro que estou en contra desta atrocidade. Paréceme surrealista que en pleno século XXI siga existindo isto, cando nunca tivo nin sequera que comezar.
É moi triste o que lle fan a eses nenos, arrebatarlles os seus dereitos, obrigalos a empregar armas e ata matar xente, ás veces incluída a súa familia, con tan pouca idade, e aínda que tiveran moitos máis anos, seguiría sendo algo que non se podería consentir.
Isto é un grave problema social que deixou máis de dous millóns de mortes, unha cifra extremadamente alta.
Por sorte, a ONU programou un plan de axuda para baixar esa cifra de nenos e nenas recrutadas. Ao parecer está funcionando, pero non elimina de todo o problema.
O máis grave de todo, é que isto non é unha situación actual, senón que sempre existiron nenos e nenas soldados, e parece mentira, que pasados tantos anos non se conseguirá rematar con isto.
  
Saioa Zozaya Fernández

1º Bach A



Hoxe tivemos unha charla sobre a situación de nenos e nenas soldado en países do 3º e 2º mundo, e de como son adoutrinados, formados e a súa vida adulta.
A gran maioría dos nenos soldado son basicamente escravos tomados tras a conquista dun territorio, os pobres rapaces son extraídos de toda vida anterior que tiveran, e a súa educación é substituída polo ensino de calibres e armas.
Logo, presentaron os dous futuros posibles para os nenos soldado; un deles, o descenso na ira, no que un neno soldado en África se converteu nun sanguinario asasino de masas. Que hoxe en día se atopa en espera de xuízo, aínda que moitos dubidan no procedemento, no que me atopo, pois por unha parte, esa persoa atópase trastornada pola súa infancia, pero pola outra, o cortés non quita o valente, cometeu os crimes a conciencia.
Tamén se viu a outra cara da moeda, unha muller en Colombia, criada nas FARC, e reintegrada na sociedade, conseguiu adaptarse e mesmo ela fundou unha sociedade para ex-Nenos Soldado.
A situación continúa sendo que hai 300.000 nenos soldados aí afora, sen eu non poder facer moito por eles.
Jesús Alberto Raquel Pallares
 1ºBach A



Estes, son nenos e nenas de entre 6 e os 17 anos aos que obrigan a coller un arma para asasinar.
Si, isto é unha triste realidade que leva ocorrido dende hai moitos anos, por non dicir toda a vida. Eu coñecía isto, pero non sabía que puidese ser tan grave, non ata hoxe. O noso instituto convidou a Roberto Mansilla Blanco, que tivo o pracer de achegarnos información sobre estes casos. Comentou moitas cousas, e púxonos vídeos que a algúns de nós, puxéronnos a pel de galiña.
Aproximadamente arredor do mundo hai uns 300.000 nenos e nenas soldado. Primeiro fan a estes nenos vulnerables psicoloxicamente para que vaian con eles. Falounos sobre Momar Badiane, que é un debuxante senegalés que fai unha denuncia sobre estes nenos.

Tamén nos falou sobre Ongwen que foi un neno soldado dende os 10 anos e ao que xulgaron de todos os delitos que cometeu de adulto cando foi comandante dun grupo guerrilleiro.
Nun dos vídeos, aparecía unha rapaza que foi a un grupo de reintegración de nenos soldado, e falaba de que o peor é volver a integrarse nunha sociedade, porque non ten casa, nin diñeiro, nin emprego, está sen nada.
Estes nenos son como escravos, e prívanos dos seus dereitos, de ler, de escribir…
“Non sei nin ler nin escribir, pero sei o nome de todas as balas e metralladoras que hai”, estas son as palabras dunha nena que se atopa nesta situación.

Eu opino que é moi triste que rapaces da nosa idade e máis pequenos teñan que sufrir iso, pasar toda a vida loitando en conflitos que nunca terminan, e aínda que acaben, estes nenos teñen moito rancor acumulado. Moitas veces os comandantes míntenlle aos nenos para que maten, por exemplo, dinlle que eles foron quen mataron aos seus pais e teñen que vingar a súa morte. Os nenos teñen que xogar, ter unha infancia, aprender a ler, a escribir.

Elena Texeira Alvar
1º Bach A

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Os alumnos e alumnas de 3º de ESO do Xesús Taboada Chivite asistimos toda a semana do 15 de novembro a unha inmersión lingüística nos Peares. Estaba situado nun lugar moi bonito con marabillosas estancias ao lado dun enorme embalse.
O noso horario era moi simple,e dividíase en 3 seccións:
-ALIMENTACIÓN: tiñamos 5 comidas ao día,o almorzo,as 9 aproximadamente;a media-mañá,as 12;a comida que era entre as 2 e as 3;a merenda,polas 6-7 da tarde e a cea as 9-10 da noite.
-ACTIVIDADES E CLASE: pola mañá tiñamos todo clase agás o tempo da media-mañá,e despois íamos comer.Despois tiñamos actividades diarias pola tarde que cada día eran diferentes e clase pola tarde.E pola noite,despois de cear,tiñamos a actividade nocturna,que tamén era diferente cada día.
-TEMPO LIBRE: tiñamos pouco tempo libre,pero tampouco o necesitabamos moito,despois de comer tiñamos media hora aproximadamente para ir a sala de xogos ou facer o que quixésemos de lecer.

Fixemos milleiros de actividades,pero sempre utilizando o inglés para comunicarnos,diso se trataba,mellorar o inglés.As clases foron moi variadas,tratamos temas case todos referíndose a contaminación,tamén fixemos moitos xogos con iso.Despois tiñamos clases de cada país,porque estabamos divididos en países,e o último día teriamos que expoñer o noso país e os seus costumes diante de todos.Non só estivemos naquel recinto,senón que fomos a outros lugares para facer outras actividades como: ir a un pavillón a outro pobo camiñando para o día olímpico,dar paseos e ver onde se une o río Sil e o Támega, fomos a un museo de ferrocarril...Nas actividades ou xogos de todos os días tivemos moitas e moi diferentes,puidemos sentir o vicio de ir a un casino,xogar ao “Tuttifrutti” xigante,xogar a gran busca do tesouro…
Ao final creo que foi unha semana bastante divertida,que serviu para mellorar a fala co inglés e,dalgunha forma,saír da rutina de instituto que estabamos acostumados.Foi unha experiencia moi boa e si se puidese repetir,repetiríaa sen dúbida.


  

Alejandro Cid Pazos 3ºESO-A Nº10











 A inmersión lingüística foi nos Peares , entre Ourense e Lugo. Era un monte, cunha presa, co río Miño e un terreo no que pasábamos os días.
As habitacións eran de 4 camas, 2 liteiras, cunha cama arriba e outra abaixo, 1 baño, cunha ducha e 2 pilas para lavarnos os dentes.
Polas mañás, erguíamonos as 8:00, dábannos 10 minutos para vestirnos e facer a cama, e logo subíamos todos a almorzar. A comida estaba rica e era sana.
 Respecto as clases, pola mañá tiñamos 2 horas de clase, na que faciamos una ficha e falabamos en Inglés. As 13:30 comiamos, despois de comer lavábamos os dentes e tiñamos 30 minutos de tempo libre, no que xogábamos ao futbolín ou o ping pong. Polas tardes, faciamos una actividade. A máis divertida foi cando fomos a un pavillón no que pasamos toda a tarde xogando a xogos como o fútbol, o rugby, saltar a comba, pero para chegar e volver camiñamos máis de 5 km.
Outra tarde, camiñamos recorrendo os Peares, é un lugar moi fermoso. Vimos o encontro do río Miño e o Sil, debaixo dunha ponte moi grande e visitamos una casa do tren, con maquetas de trens moi antigos que pasaron por alí.
Polas noites, despois de cear, tiñamos actividades coma casino; que para min foi a máis divertida, cine, discoteca…
Estabamos organizados por grupos, cada grupo representaba a un país, eu era de Sudáfrica. Cada grupo tiña que preparar una presentación do seu país. Pasámolo moi ben organizándoo tanto como representándoo.
O último día déronnos un diploma a cada un, cun nivel de Inglés.

Isto foi a inmersión lingüística moi resumida, porque fixemos moitas cousas. Pasámolo moi ben e aprendemos moito.

 Alejandro Domínguez Gonzàlez de 3 ESO  B.

2 de dec. de 2016

DESCUBRINDO AS ROCHAS QUE PISAS

O venres 25 de novembro, alumnos de 1º e 2º de Bacharelato participaron nunha actividade organizada polos departamentos de "Xeografía e Historia" e de "Bioloxía e Xeoloxía", a cargo do ponente Francisco Canosa. A actividade "Descubrindo as rochas que pisas",  incluiu unha breve e concisa charla sobre a xeoloxía xeral de Galicia, así como un obradoiro con rochas. 


RESUMO DA CHARLA:



O tema principal da charla era a xeoloxía e as rochas que compoñían a paisaxe galega.
Aínda sendo ese o tema principal a charla pódese considerar que estivo dividida en varias partes:

- INTRODUCIÓN: O maior problema que ten a xeoloxía son as unidades nas que é medida, é dicir os millóns de anos, xa que non sabemos cuantificar moi ben o tempo ao que se refire, polo que debemos por como exemplo un ano, situando os eventos xeolóxicos en meses e días concretos.


-ESTRUTURA E DINÁMICA TERRESTRE: O estudo da dinámica terrestre comezou cando Alfred Wegener estudou o posible movemento das placas tectónicas. Posteriormente comprobouse que tiña razón e coa axuda de estudos posteriores puidéronse diferenciar varios tipos de bordos de placas, xa que en cada un deses tipos producíanse diferentes movementos: Bordos diverxentes, converxentes e de fallas transformantes. O descubrimentos destes diferentes tipos de bordos permitiu establecer a teoría da Tectónica de Placas, onde se explicaba que o motivo polo que as placas cambian a súa posición son os movementos de convección que se producen no manto.  Posteriormente estableceuse o Ciclo de Wilson.

-XEOLOXÍA DE GALICIA: A creación das rochas que conforman a paisaxe galega producíronse en varias etapas, e nunha posición diferente á actual a maioría delas: Fase oroxénica no Paleozoico, fase de Arrasamento no Mesozoico, e fase de Reactivación no Cenozoico. A evolución máis destacable destas rochas produciuse nesta última etapa, onde tamén se produciron notables cambios no nivel do mar.
 Segundo a posición desas rochas distínguense 3 zonas: Zona Asturoccidental Leonesa, Zona Galega Trasosmontes e Zona Centro Ibérica.

-USOS DA XEOLOXÍA: A xeoloxía pódese aplicar en moitos aspectos da vida cotiá, como pode ser o seu uso para saber con antelación os posibles fenómenos e catástrofes naturais que poden suceder e protexer a poboación. Ademais moitas explotacións de petróleo e gas natural entre outros non poderían haberse feito sen axuda das sondaxes e mapas xeolóxicos.

OPINIÓN PERSOAL:
Foi unha charla interesante, aínda que algunhas partes puideron ser máis amenas e interesantes que outras. Na miña opinión a parte máis interesante foi na que falou das rochas que abundan en Galicia, xa que moitas veces ao estudar xeoloxía estudamos as rochas en xeral, e facelo das rochas que abundan na zona onde nos vivimos pode causar máis interese e curiosidade, e tamén cando ao rematar a charla fomos ao laboratorio a identificalas.

Sofía Vivián Álvarez 1BACH-A