29 de set. de 2017

VÍDEO MÚSICAS GALEGAS ILUSTRADAS

Durante o mes de outubro e a primeira semana de novembro poderemos gozar no IES Xesús Taboada Chivite de Verín da exposición "Músicas Galegas Ilustradas", de Laura Romero (organizada polo EDLG). O alumnado do noso centro descubrirá todo o talento musical feminino que temos na nosa terra.
No seguinte vídeo podedes escoitar a: De Vacas, Rosa Cedrón, Guadi Galego, Uxía Senlle e SES, cinco das "Músicas Ilustradas".


Deleitádevos coa súa música!

25 de set. de 2017

MUSICAL GREASE NO AUDITORIO DE OURENSE

O vindeiro 2 de Outubro, ás 11:30, no Auditorio de Ourense, terá lugar unha nova representación por parte do alumnado do IES Taboada Chivite do musical Grease en Galego (despois das realizadas no noso propio centro e no Auditorio de Verín). Este musical recibiu o Premio de Innovación e Dinamización Lingüística o pasado curso e nesta ocasión o noso público serán alumnos e alumnas de 3°, 4° ESO e 1°, 2° Bacharelato de Ourense e tamén do IES Rosais 1 e do IES de Teis (ambos de Vigo).

Se queres coñecer máis detalles sobre a actuación preme no seguinte enlace:
Axenda da Concellería de Cultura de Ourense

A continuación tedes unha recopilación de fotos, realizada pola profesora Isabel Cota da representación de Grease no Auditorio de Verín o 10 de xuño de 2017.



20 de set. de 2017

GOZA DA NOSA COMARCA

Se eres alumno do IES Xesús Taboada Chivite danos a coñecer a túa terra natal, comparte os recunchos marabillosos que agocha. Participa no concurso "Goza da túa comarca".
Terás que elaborar unha guía do teu pobo, que incluirá os seguintes apartados: nome do pobo, coordenadas xeográficas, mapa coa xeolocalización, concello, festas e romarías, lugares de interés, rutas, galería de imaxes, etc.
Cada guía  irá acompañada dunha portada na que aparecerá: título, imaxe, data de realización, nome e apelidos do autor e curso. 
Deberás utilizar o formato que a organización facilita para a realización da mesma e que aparece nas bases. 
Tes de prazo ata o 1 de decembro para enviala a ofiadeirodalingua@gmail.com
Para consultar as bases do concurso preme na seguinte LIGAZÓN







18 de set. de 2017

LETRAS DAS CANCIÓNS DO MUSICAL A BELA E A BESTA

Como vos diciamos na entrada anterior, o musical A Bela e a Besta en galego, que se representará durante o curso 2018-9, xa está en marcha. De feito, temos traducidas todas as letras do inglés ó galego. Se queres acceder a elas preme na seguinte LIGAZÓN

A cantar!!!!!

NOVO MUSICAL: A BELA E A BESTA

O vindeiro musical, completamente en galego, que representarán os alumnos e alumnas do IES Taboada Chivite é A Bela e a Besta. Dada a complexidade da posta en escea, nesta ocasión a preparación do musical durará dous anos, polo que non o poderedes ver ata o curso 2018-9. Mais todo o traballo está planificado e parte del xa feito (nunha próxima publicación poderedes acceder ás letras das coñecidícimas cancións, xa traducidas ó galego).
Debaixo tedes un enlace a un artigo no blog do profesor de música David Rodríguez Rivada, director do musical, no que plasma a planificación de A Bela e a Besta para estes dous vindeiros cursos. 
David Rodríguez Rivada, director do musical, elaborou o seguinte plan de traballo:

NOVO MUSICAL: "A BELA E A BESTA" EN GALEGO, PARA FACER EN 2 ANOS

Plan de traballo para os curso 2017-2018 e 2018-2019
MUSICAL A BELA E A BESTA
Curso 2017-2018: Guión, partituras, letras, decorados e vestiario
Setembro-Decembro
Guión (elaborado xa en verán)
Decorados: 2 fondos novos
Vestiario: a besta, a taciña, o plumeiro
Atrezzo
Xaneiro-Marzo
Partituras para o coro rematadas
Letras traducidas ó galego
Decorados: 2 fondos máis
Vestiario: a tetera, o reloxo, outros
Atrezzo
Abril-Maio
Partituras para toda a banda rematadas
Letras traducidas e revisadas
Decorados: 1 fondo máis
Vestiario: o candelabro, outros
Atrezzo
Curso 2018-2019: Números musicais (coro, solos, coreografías) e teatro
Setembro-Decembro
Teatro (co papel na man)
Coreografías: 3 novas
Solos: reparto de cancións
Coro: primeiras cancións
Xaneiro-Marzo
Teatro (de memoria)
Coreografías: 2 máis
Solos: ensaios de cancións
Coro: repaso de todo o repertorio
Abril
Representacións en Verín e arredores

13 de set. de 2017

CONCURSO FOTOGRÁFICO "AS CORES DO OUTONO"

Se eres alumno do IES Xesús Taboada Chivite participa no concurso de fotos "AS CORES DO OUTONO"

  • Se estás cursando 1º ou 2º ESO, o tema da túa foto debe ser: as cores do outono nas follas de plantas autóctonas.
  • Se estás en 3º ou 4º ESO, o tema da túa foto debe ser: as cores do outono nos cogumelos.
  • Se está no Bacharelato, o tema da túa foto debe ser: as cores do outono nas paisaxes.
Cada alumno pode enviar ata tres imaxes a: ofiadeirodalingua@gmail.com.
Cada imaxe irá acompañada dun título, da data de realización  e dunha breve reflexión explicativa en verso ou en prosa.
Tes ata o día 1 de decembro de 2017 para poder participar. Só necesitas a cámara do teu móbil e saír ao campo. Anímate!
Podes consultar as bases do concurso na seguinte LIGAZÓN

12 de set. de 2017

EXPOSICIÓN MÚSICAS GALEGAS ILUSTRADAS




Durante o mes de outubro no salón de actos do instituto contaremos coa exposición da ilustradora e baixista Laura Romero. Trátase dunha serie de ilustracións sobre mulleres relevantes do panorama musical galego. Un xeito de dar máis visibilidade as mulleres na música, onde seguen a ser minoría en case todos os festivais e concertos. Grazas a esta exposición os alumnos poderán coñecer a mulleres relevantes neste campo como: Uxía Senlle, De Vacas, Cristina Aserjo (Sonoro Maxín), Ana Lee (Fresquiños), Xestreu,Belen Tajes e Maritxina ( Voodoo), Olaia, Aida e Sabela (Tanxugueiras), Guadi Galego, Xestreu, Sonia Lebedynski, Rosa Cedrón,etc.


Se queres visualizar a reportaxe sobre esta iniciativa emitida pola Televisión de Galicia preme na seguinte LIGAZÓN