A Cascabela é un novo personaxe de entroido ideado pola profesora de Filosofía Carmen Burgos. Se queres ver as caretas realizadas polos alumnos de 4º ESO co seu profesor de Plástica Javier Díaz, preme nesta LIGAZÓN.
31 de xan. de 2018
30 de xan. de 2018
TIRA CÓMICA SOBRE A SAÚDE DO OÍDO
As alumnas de 3º ESO B, Esther Canado, Desiree Barreira e Sheila Alves, deseñaron e realizaron unha tira cómica con audio para unha campaña de prevención da xordeira.
27 de xan. de 2018
EXCURSIÓN A VIGO: MUSEO DA BATALLA DE RANDE E MUSEO DO MAR.
O venres 19 de
xaneiro os alumnos de 1ºBAC fomos de excursión a Vigo cos profesores de
galego.
Pola mañá, nada máis
chegar a Vigo visitamos o Museo da Batalla de Rande. Alí, explicáronnos como no
s.XVIII España enfrontárase, coa axuda de Francia, a Inglaterra e Países
Baixos. Vimos un vídeo no que se nos explicaba como España resistiu todo o que
puido con máis de 20 barcos atrapados na ría de Rande, acabando, por mala
fortuna, derrotados. Así, observamos os restos recuperados daquela frota.
Despois de rematar a
visita a este museo, fomos a Vigo cidade onde nos deixaron liberdade para ir a
comer e dar un paseo. Xa pola tarde chegamos ao Museo do Mar, onde está exposto o
Pergamiño Vindel. Alí explicáronnos cousas daquela época para rematar
explicándonos todas as características do Pergamiño, como, por exemplo, que se
encontrou formando parte da cuberta dun libro en Madrid por un Vindel. Tamén
nos explicaron que Martín Codax (o pergamiño está firmado por este nome)
posiblemente fora una muller firmando coma un home (pola situación da muller
naquela época), debido a que eran cantigas onde se expuña o punto de vista da
muller cando o seu namorado (“amigo”) desaparece por diversas razón.
Nese mesmo lugar
tamén puidemos entrar nun acuario e noutra parte do museo con máis cousas da
época. Finalmente, volvimos a Verín contentos pero cansados.
César Fernández Lamas 1ºBAC A
24 de xan. de 2018
VI CONCURSO FOTOGRÁFICO ENTROIDO DE VERÍN: "FOTONTROIDO 2018"
Xa imos pola sexta edición do concurso fotográfico de Verín "Fotontroido 2018", organizado polos tres institutos de Verín (IES García Barbón, IES Castro de Baronceli e IES Xesús Taboada Chivite). Tes ata o día 19 de febreiro para enviar a túa foto acompañada dun lema en galego.
Anímate a participar!
Anímate a participar!
18 de xan. de 2018
VISITA A CABREIROÁ
O día dous de outubro os alumnos e alumnas de 1º ESO tivemos unha mañá coma outra, só que á quinta hora marchamos do instituto rumbo a Cabreiroá. Eu persoalmente esquecérame por completo de que había tal saída e, cando as miñas amigas mo dixeron, quedei abraiada. Por sorte levaba o teléfono na chaqueta así que chamei á casa para que me trouxeran as cousas, xa que facían falta: dous bocadillos, auga, roupa cómoda e unha mochiliña para levalo todo. Miña nai empaquetou todo coma un raio e meu pai, rápido coma o vento, tróuxomo ao instituto xusto antes de que tocara o timbre.
Como ía dicindo, á
quinta hora marchamos camiñando ata Cabreiroá. Eu pensaba ir en autobús e
quedei sorprendida; dende que marchamos aínda botamos un bo anaco camiñando ata
alí. Protección civil foi con nós.
Cando chegamos,
agrupáronnos por clases para deixar as mochilas nunha área determinada; uns
cinco minutos despois fixemos unha carreira de relevos, cada un cos seus
compañeiros de clase; por desgraza, o meu equipo non gañou e quedamos en
terceiro posto. Seguidamente estivemos xogando aos cazadores, que consiste en
que un equipo colócase formando un círculo e outro no centro dese círculo e os
xogadores que están formando unha roda collen un balón e intentan darlles aos
do medio. Ao acabar este xogo deixáronnos facer o que quixeramos; a maioría
optamos polo deporte.
En Cabreiroá
dérannos uns botellíns de auga pero acabáronse moi rápido; tamén foi porque os
alumnos comezaron a tirarse auga uns a outros. As miñas amigas e eu pasamos
algo de sede; había unha fonte pero o problema era que a auga con gas a ninguna
nos gustaba. Polo demais paseino moi ben xa que había escorregadoiros,
bambáns,barras para colgarse boca abaixo, barras de equilibrio, etc. Cando
volvemos, dous rapaces atopáronse mal e Protección civil tívoos que traer no
coche.
Alumna: Paula Gago 1º ESO B
Profesora: Carmen Trigo
PRACTICANDO COMO FACER UN DIARIO NA AULA, EN QUINCE MINUTOS E SENDO RAFA NADAL
7 de novembro de 2017
Querido diario: Hoxe foi o último día de
preparación… Estou nervioso. Esta mañá a miña irmá chamoume e díxome que Jonny
Jonhson gañara seis veces seguidas o premio a mellor xogador dos Estados Unidos
e eu soamente fun nominado unha vez, e non, non gañei. Non sei se Ana me dicía
iso para poñerme nervioso pero, se é así, conseguiuno. Eu agora vou durmir que
mañá é un día moi importante.
8 de novembro de 2017
Querido diario: Acabo de espertar; son as
07:30. En tres horas teño que estar alí, na pista Peter Darwing, en Boston,
xogando contra Jonny Jonhson, o mellor xogador de tenis dos Estados Unidos e
aínda por enriba, dóeme a cabeza! Teño que deixar de escribir; voume preparar.
Son as 11:00. Hai media hora que cheguei á
pista e resulta que a limusina de Jonny pinchou e o partido retrásase ata as
12:00 e claro, non ía volver ao hotel, así que estou aquí, na cafetería,
tomando un vaso de auga fría.
10 de novembro de 2017
Querido diario: Escríboche dende o hospital.
Fai dous días foi a competición aínda que o último que recordó foi a pelota
acercándose á miña cara. ¡PENSO QUE PERDÍN!
Alumna: Marta
Gil 1º ESO B
Profesora: Carmen Trigo
LINGUA DE NAMORAR 2018
Está en marcha unha nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega "Língua de namorar". Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos.
Tes de prazo ata o 29 de xaneiro para presentar as túas mensaxes. A partir de aí, abrirase un novo prazo para as votacións, pois as mensaxes gañadoras escolleranse entre as máis votadas.
As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.
Para consultar as bases e os premios preme na seguinte LIGAZÓN
Tes de prazo ata o 29 de xaneiro para presentar as túas mensaxes. A partir de aí, abrirase un novo prazo para as votacións, pois as mensaxes gañadoras escolleranse entre as máis votadas.
As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.
Para consultar as bases e os premios preme na seguinte LIGAZÓN
EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA
Nunha
mañá fría saímos cedo cara a Ribeira Sacra. Unha zona máxica chea de viñedos e
mosteiros ao carón do río Sil, que separa as provincias de Ourense e Lugo.
O
primeiro que visitamos foi o Mosteiro de San Pedro de Rocas, único por estar escavado
na rocha natural. O estilo arquitectónico é románico e pertence a orde
relixiosa dos Benedictinos. A igrexa do mosteiro é do século VI. É un dos
templos cristiáns máis antigos que se coñecen. Alí o guía fíxonos un xogo de
preguntas e respostas sobre a Idade Media.
Comemos
no Mosteiro de Santa María de Montederramo. Por fin saía o sol e non facía
tanto frío. Este lugar sagrado pertenceu aos monxes cistercienses. O mosteiro
ten un claustro de estilo renacentista e un coro, onde puidemos sentarnos en
cadeiras de madeira do século XVI, foi o que máis me gustou.
Logo
fomos no autobús por unha estrada moi estreita, chea de curvas. Desde o
autobús, víase todo; os viñedos moi cerca do río. Parecía que íamos caer no
río.
Pola
tarde visitamos o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas do Sil, que é de estilo
románico e pertence á orde dos Benedictinos, que se recollían neste lugar
sagrado para meditar nos séculos XII e XIII. Está rodeado de árbores, pero unha
delas destaca porque ten un tronco moi raro. Tamén subimos ao campanario da
igrexa, pero faltáballe a campá.
Xa
de volta no autobus cara Verín pensaba que nesta excursión paseino moi ben.
Sara
Xing Moredo Martínez. 2º ESO C
BIODIVERSIDADE E CONSERVACIÓN
O venres 12 de xaneiro asistimos a unha
ponencia sobre biodiversidade, impartida por unha profesora de zooloxía do
campus de Lugo.
A charla comezou coa presentación dunha
idea: Verín como un ecosistema, o uso deste sistema fixo que a charla fose
moito máis interactiva. En resumo, a charla foi tratando os temas estándar
sobre a biodiversidade ; é unha estrutura que non pode perder ningún compoñente
que estea nela, senón pérdese o equilibrio.
En xeral, gustoume bastante a charla, en
especial o feito de usar a Verín como exemplo, pois así axuda a captar a
atención da xente que non estaba interesada nela. Moi importante tamén foi a
concienciación sobre a importancia do equilibrio da biodiversidade , e que a
mera presencia dos humanos o pode alterar, destruíndo así o ecosistema.
O mantemento do equilibrio é necesario,
sobre todo hoxe en día, que incluso despois de ter varios congresos
internacionais sobre os perigos da interferencia do ser humano, (Kioto,
congreso OMD...) séguense sen ter en conta os efectos do ser humano no
mundo que nos rodea, cando o simple feito de construír a medio kilómetro dunha
praia, provoca a diminución de sedimentos que se levan a ela, levando a unha
recesión da liña de costa, afectando a todo ser vivo da zona circundante.
Hoxe máis ca nunca, nós como especies
debemos centrarnos en preservar o equilibrio do planeta, pois coas nosas
intencións egoístas estamos causando a desaparición de milleiros de especies
todos os anos, moitas delas que nunca se chegarán a descubrir, pois estes
eventos que alteran a orde natural acentúanse nas zonas de maior biodiversidade
do planeta ( A selva amazónica). O noso planeta non é o patio de xogos do ser
humano, é unha casa na que todos os seus habitantes teñen que coidala, a ela, e
ao resto dos seus habitantes, xa que ao final do día, nos somos animais, e só
por ter unha codia cerebral maior non deberíamos considerarnos superiores.
Jesús Alberto Raquel Pallares. 2º BAC A
10 de xan. de 2018
VIOLENCIA DE XÉNERO A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS CON PERSPECTIVA DE XÉNERO
O luns 8 de xaneiro desenvolveuse entre os alumnos de 3º ESO un obradoiro sobre a violencia de xénero na rede. Foi organizado polo departamento de orientación en colaboración coa entidade "Pantallas Amigas".
Manuel Añel Prieto de 3º ESO C reflexiona sobre a información que lles proporcionaron:
Manuel Añel Prieto de 3º ESO C reflexiona sobre a información que lles proporcionaron:
Unha rede informática é un conxunto de
dispositivos electrónicos interconectados entre si a través dun medio, que
intercambian e comparten recursos.
Nas últimas xeracións na rede
informática naceron as redes sociais. Nestas, cando é a primeira vez que as
usas, ensínanche uns termos que moita xente acepta sen lelos. Entre eses termos
está que os propietarios da rede social poden quedarse coas imaxes, videos ou
textos que publica a xente.
A violencia de xénero é todo aquel dano físico
ou psicolóxico que fai un home a unha muller só polo simple feito de ser
muller. Isto ben influído pola cultura, e os estereotipos: como que os homes
son os que teñen que traballar e as mulleres teñen que ser as que coidan da
casa e dos nenos.
Agora empezan a darse casos de violencia
de xénero nas redes, dependendo de cal sexa o problema ten varios nomes:
Sextorsión: A finalidade é a chantaxe,
xa sexa para obter diñeiro ou dominio da vontade da vítima (moi común nos casos
de ciber-violencia de xénero)
Sexting: Son aquelas fotos con contido
sexual que se mandan por mensaxes, isto é un problema cando non queda na
intimidade e se reenvían, perdendo o control da mesma foto.
Grooming: Esta é unha arma moi utilizada
por pederastas, xa que se fan pasar por nenos para obter a confianza de
verdadeiros nenos e extorsionalos para sacar proveito deles.
9 de xan. de 2018
QUE ME CONTAS DO TEU NADAL?
O luns, oito de xaneiro, tivo lugar unha actividade de cohesión do programa TEI: "Costumes do Nadal". Nela os alumnos de 1º e 3º de ESO, titorizados e titores, compartiron os seus costumes familiares durante o Nadal.
O obxectivo desta actividade foi dobre: por unha banda, favorecer que os rapaces se coñezan mellor e, por outra, que aprendan a respectar e valorar as diferentes tradicións segundo a súa orixe, nacionalidade ou relixión.
Algunhas das experiencias recollidas sobre alimentación, agasallos, número de persoas nas celebracións, panxoliñas, viaxes, etc, están expostas en dous dos taboleiros do centro para que toda a comunidade educativa sexa consciente da variedade de costumes que temos.
O obxectivo desta actividade foi dobre: por unha banda, favorecer que os rapaces se coñezan mellor e, por outra, que aprendan a respectar e valorar as diferentes tradicións segundo a súa orixe, nacionalidade ou relixión.
Algunhas das experiencias recollidas sobre alimentación, agasallos, número de persoas nas celebracións, panxoliñas, viaxes, etc, están expostas en dous dos taboleiros do centro para que toda a comunidade educativa sexa consciente da variedade de costumes que temos.
5 de xan. de 2018
MONÓLOGO DE LAURA POUSADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO AUDITORIO DE VERÍN
"En maio do 17
subinme ao escenario do auditorio de Verín para levar á escena un breve
monólogo escrito por min mesma denunciando a violencia de xénero. Precisaba condenar esta lacra da sociedade como é a violencia machista, que tantas
vítimas se leva. Eu aspiro a vivir nunha sociedade máis xusta, máis humana, na
que as mulleres non teñamos que ir con medo pola rúa, na que vivamos na tan
ansiada igualdade. Liberémonos."
Laura Pousada