31 de xan. de 2019

DÍA DA PAZ NO IES TABOADA CHIVITE


Alumnado de 1 ESO, guiado polo profesor de Plástica Javier Díaz , elaborou o símbolo da paz.





Podedes ver un vídeo do traballo realizado premendo na seguinte LIGAZÓN


22 de xan. de 2019

"ESTAMOS CONTIGO", CANCIÓN CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

Algúns alumnos e alumnas de 1°ESO do IES Xesús Taboada Chivite, concienciados co acoso escolar,quixeron erguer a súa voz contra este gran problema. Foi así como naceu a canción "Estamos contigo", coa que quixeron transmitir que a vítima do maltrato sempre conta con axuda se denuncia o problema. Ademais, animan a todo o alumnado a non ser cómplice do acoso,porque o silencio dos compañeir@s, covarde e cómplice, tamén é un xeito de acosar.
Agradecen tamén a colaboración do noso vicedirector, Eduardo Cabido, que xenerosamente quixo colaborar na elaboración do guión.
"ESTAMOS CONTIGO"



21 de xan. de 2019

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE CARTEIS DO DÍA 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.
Para máis información preme na seguinte LIGAZÓN

GALICIENCIA 2019

Galiciencia 2019 é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato; e que permanece aberto ao público xeral. Celébrase no Parque Tecnolóxico de Galicia durante tres días da segunda semana de maio (mércores 8, xoves 9 e venres 10) en horario de 10h a 13 h e de 15h a 18h, a excepción do venres 10 (en horario de mañá).
Podes particicipar nos concursos de fotografía e de deseño dunha camiseta, presentar proxectos para a feira, atreverte co desafío sobre bos hábitos ou visitar Galiciencia.
Para máis información preme na seguinte LIGAZÓN

19 de xan. de 2019

QUE DIN OS REFRÁNS SOBRE O VIÑO?

É tal a importancia do viño na nosa cultura que ten inspirado numerosos refráns que usamos a miúdo.

Os alumnos de 2º ESO B gravaron varios vídeos nos que contextualizaron refráns, que falan de aspectos positivos e negativos do viño.

O grupo formado por: Almudena Juncal, Esther Lorenzo, Eliana Reigada e Iker Llamosas centráronse en tres refráns:
"Aínda que estea malo da perna ben sei onde está a taberna".
"Non hai mellor cirurxián que a boa carne, o bo viño e o bo pan"
"Mellor para vestir santos que para desvestir borrachos"

O grupo formado por: Aldara Gonçalves, Nerea Salomón e Paula Gómez, utilizaron nos seus vídeos os seguintes refráns:
"Beber, beber ata non máis poder"
"O bo viño cría bo sangue"

O grupo formado por Álvaro Barreal e Julián González empregaron os seguintes refráns:
"O viño das cepas vellas quenta as orellas"
"O amigo do teu viño non o teñas por veciño".

15 de xan. de 2019

CONCURSO DE RECITADO POÉTICO "ROSALÍA SEMPRE VIVA".

A Casa-Museo Manuel María convoca a V edición do Concurso de recitado poético Rosalía sempre viva, que celebrará a súa fase final o 6 de abril de 2019.
O certame está dirixido a todo o alumnado galego de ensino non universitario, desde Primaria a Bacharelato, e está centrado no recitado de versos da obra en galego de Rosalía ou da ampla produción poética de Manuel María.
O obxectivo do concurso é potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e o recitado da poesía de dúas das voces máis importantes e populares da nosa literatura. 
As bases do concurso pódense consultar premendo na seguinte LIGAZÓN

11 de xan. de 2019

MANIFESTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O noso alumnado, consciente da lacra social da violencia de xénero, quixo erguer a súa máis enérxica voz contra ela a través destes manifestos, cheos de loita e rebeldía, e que recollen incluso vivenzas das nosas alumnas e alumnos que explicitan que nesta sociedade aínda quedan loitas que gañar, para que homes e mulleres convivan cos mesmos dereitos e liberdades. Cunha mocidade tan conciencidada, está feito!
Podedes ler estes manifestos escritos por Lucía González e Yago Alonso de 1º de Bacharelato B premendo na seguinte LIGAZÓN