28 de abr. de 2020

PERSONAXES DE CADROS FAMOSOS CONFINADOS NAS CASAS DO ALUMNADO DE DEBUXO ARTÍSTICO


Os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, que cursan Debuxo Artístico, coordinados pola súa profesora Tatiana Otero, escolleron algúns personaxes de cadros famosos e confináronos en espazos baleiros das súas  casas.
Que marabilla! Canta creatividade!

26 de abr. de 2020

"PADLET" CON REFLEXIÓNS DA CORENTENA DO ALUMNADO DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX (2º BAC)

Hecho con Padlet
Deixámosvos un "padlet" coas reflexións sobre este período de corentena dalgúns alumnos de 2º BAC A, B e C, algún por certo, moi emotivo e poético.

"CORONAVIRUS: UN BECHIÑO VIAXEIRO AO QUE LLE GUSTA ESPAÑA E ITALIA", CONTO DE INÉS PEDROSA DE 2º BAC C



Inés Pedrosa Pérez de 2º BAC C escribiu un conto dun bechiño viaxeiro, chamado Coronavirus ao que lle gusta moito España e Italia. Nel sinala cal é o mellor xeito de protexernos para que non entre no noso corpo. Ademais, proponlles aos máis cativos da casa, un xogo moi divertido para que non esquezan lavar moitas veces as mans con auga e xabón ao longo do día.
Bo traballo Inés!!!

OS SONS DO MONTE

Imaxe do profesor Javier Rodríguez.

A primavera xa chegou e con ela os paseos, xa que a partir de hoxe todos os nenos e nenas menores de 14 anos podedes saír unha hora, necesitamos que nos acerquedes  o monte a todo o alumnado gravando un son da natureza para aquel alumnado que queda na casa. Esta actividade está incluída dentro do proxecto "O Monte Vivo".

Contamos coa vosa colaboración!!!

Cando teñades gravados os audios podedes enviarllos a dirección de correo electrónico da vosa profesora de Lingua Galega ou a ofiadeirodalingua@gmail.com


24 de abr. de 2020

ENREGUÉIFATE 2020!

Desde o 23 de marzo ata o 29 de maio está aberto o prazo para participar na IV edición do certame de regueifas en vídeo Enreguéifate.

Neste vídeo aparecen conselliños para regueifar na corentena!
Para consultar as bases premede nesta LIGAZÓN

23 de abr. de 2020

CASO CLÍNICO TDHA



Sheila Prieto Estévez , alumna de 1º BAC A,  analiza na súa presentación o caso clínico dun paciente ficticio de oito anos que padece TDHA.
O seu informe inclúe o historial clínico do paciente, unha entrevista persoal, as probas realizadas, o diagnóstico, o tratamento, a evolución e a webgrafía.
Podedes ver o excepcional traballo realizado por Sheila premendo nesta LIGAZÓN

DÍA DO LIBRO 2020 EN CONFINAMENTO


A Biblioteca do IES Taboada Chivite conmemora este Día do Libro en confinamento cunhas recomendacións que varios profes fan dende a súa casa. Hai moita variedade nos libros que nos animan a ler.... Así que, seguro que algunha das "ideas lectoras" que nos dan é axeitada para vós.
Nestes longos días na casa, ( que asumimos coa certeza de que chegaremos a no porto 💪✌️) que mellor que un libro para viaxar, trasladarnos a outros espazos e, sobre todo, aprender, crecer.
GRAZAS á Biblioteca do IES Taboada Chivite.

22 de abr. de 2020

CANTIGAS CON SABOR MEDIEVAL


"Ondas do mar de Vigo"," Santa María Strela do Dia", "A feira de Scarborough" e "A dama de Shallot."
A idea inicial era gravalas no castelo de Monterrei, mais ao non ser posible polo confinamento, aquí tedes a nosa versión " na casa."


20 de abr. de 2020

DESCOBRE CASTELANISMOS NO "KAHOOT" A PUÍR A LINGUA!!!


Queres descubrir algúns castelanismos agochados que seguro que dis ao falar en galego?
Pois anímate a xogar, e lembra que podes intentalo as veces que queiras, pero usando un alcume ("nickname") novo. A puír a lingua!!!
Podes xogar premendo nesta LIGAZÓN

"SYMBALOO DE MÚSICA EN GALEGO"



Con este "Symbaloo", a profesora Rosa Alonso quere darnos a coñecer grupos que fan música en galego, descobre os que che gustan e desfruta escoitándoos!!!
Para velo preme na seguinte LIGAZÓN


19 de abr. de 2020

A BELEZA DA NOSA CONTORNA

Neste tempo de confinamento, imos alimentar o noso espírito cunha boa dose de beleza, a das marabillosas fotografías dun profesor do noso instituto que, lonxe de causarnos morriña, teñen que animarnos, pois toda esa beleza está a agardar por nós. Centros de flores que nos deleitarán coas súas cores e o seu recendo, regatos, árbores, froitos e paisaxes están esperando a que saiamos desta para agarimalos e coidalos máis que nunca.

Gozade con esta "exposición na rede" da obra do noso grande fotógrafo, que forma parte do proxecto "O Monte Vivo"

Esta exposición inclúe catro series: 

"O bosque no curso 2019-2020"
Para ver a serie completa premede nesta LIGAZÓN

"Flores da Quinta de Muradella"
Para ver a serie completa premede nesta LIGAZÓN

"Flores da Pousa"
Para ver a serie completa premede nesta LIGAZÓN

"Flora de Verín"
Para ver a serie completa premede nesta LIGAZÓN

Identificades algunha destas plantas? Coñecedes o seu nome? E as súas propiedades?

Colaborade connosco facendo un comentario no blog ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección: ofiadeirodalingua@gmail.com

Contamos convosco!!!

17 de abr. de 2020

EQUILIBRIO E TONIFICACIÓN


Exercicios de equilibrio, de forza e estiramentos, recomendados polos profesores de Educación Física do Chivite para manternos en forma.

14 de abr. de 2020

UN TOP CON HISTORIA

Reutilizar e reciclar roupa non só nos axuda a colaborar co medio ambiente e a facer un mundo mellor, senón a sentirnos mellor con nós mesmos. E agora coa corentena... que mellor  momento para facelo?
Imaxe e reflexión de Lucía Rodríguez de 1º BAC A.
Moitas grazas por esta nova proposta!!!

11 de abr. de 2020

CIENCIA NA CASA: SEPARACIÓN DE PIGMENTOS VEXETAIS. EXPERIENCIA REALIZADA POR LORENA RODRÍGUEZ DE 1º BAC B.


Neste vídeo, Lorena Rodríguez González, alumna de 1º BAC B do Chivite, explícanos como separar distintos pigmentos fotosintéticos: clorofilas, carotenos, xantofilas e antocianos, realizando unha cromotografía de papel.
Bo traballo, Lorena!

PODES FACER DISFRACES PARA O ENTROIDO CON PRENDAS ANTIGAS E ALGÚNS COMPLEMENTOS.

Nova proposta de Andrea Casas Sáez de 1º BAC B.
Podedes deseñar un disfrace distinto para cada día de confinamento, aceptades o reto?

10 de abr. de 2020

CAPÍTULO 100!!!! SEN *TARTAS NIN VELAS #DÍGOCHOEU


O #DígochoEu está de celebración! Onte fixo nada máis e nada menos que 100 capítulos! Preme  na seguinte ligazón para ver como o está festexando Esther!

Capítulo 100!!!

9 de abr. de 2020

"UN BECHIÑO CHAMADO CORONAVIRUS", CONTO CREADO POLA ALUMNA MIRIAM GARCÍA DE 2º BAC C.



Xoán, o protagonista do contro creado por Miriam García de 2º BAC C superou o coronavirus e evitou trasmitirllo aos seus avós.

Un conto moi bonito, cheo de sentimento. Parabéns!!!

8 de abr. de 2020

IES XESÚS TABOADA CHIVITE. COMO NON...RESISTIREMOS!!!


Dende o IES Taboada Chivite compartimos o noso "Resistirei", seguros de que o faremos. FORZA!!!!!!!!!!!!!

7 de abr. de 2020

CIENCIA NA CASA: OSMOSE EN OVOS DE PITA E EN CENORIAS.


Para ver o experimento realizado por Sheila Alves Núñez de 1º BAC A, preme nesta LIGAZÓN
Na casa pódese facer ciencia!!!

TIÑA UN VAQUEIRO VELLO E BASTANTE ESTRAGADO, POR QUE NON APROVEITAR UN DOS SEUS PETOS...?

Esta práctica bolsiña , na que se pode gardar tanto o móbil como o cargador, confeccionouna Ángel Rodicio López de 1º BAC A.
Animádevos! Estamos agardando polas vosas ideas!

5 de abr. de 2020

ROMPÉUSEME A CANASTRA E O CONFINAMENTO FÍXOME PENSAR...

Unha proposta orixinal de reutilización, aportada por Francisco Fernández Rodíguez de 1º BAC B.

4 de abr. de 2020

CANDO A ROUPA É CURTA E O TEMPO LONGO!

A profesora Puy Goyache engade unha nova proposta para reutilizar roupa. Grazas pola aportación.
Estamos desexando recibir novos deseños, animádevos!

3 de abr. de 2020

CIENCIA NA CASA: EXTRACCIÓN DE PIGMENTOS VEXETAIS.

A alumna de 1º BAC A, Judith García Pereira, realizou un experimento para extaer xantofilas, catotenos e clorofilas en tres follas distintas.
Na casa tamén se pode facer ciencia!!!
Podedes ver esta experiencia premendo na seguinte LIGAZÓN

2 de abr. de 2020

NO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL RECORDAMOS O DECÁLOGO DE DANIEL PENNAC: OS DEREITOS DO LEITOR


1) O dereito a non ler
2) O dereito a nos saltar páxinas
3) O dereito a non rematar un libro
4) O dereito a reler
5) O dereito a ler calquera cousa
6 )O dereito ó bovarismo
7) O dereito a ler en calquera sitio
8) O dereito a follear
9) O dereito a ler en voz alta
10) O dereito a nos calar

MÁIS PEZAS DE ROUPA REUTILIZADAS!

 "Arte reutilizada" Lucía Boo Domínguez 3º ESO B.


"Funda para un coxín", Cristián Salgado Domínguez 3º ESO B


Se encolleu ao lavalo, non a tires! Un bonito volante, e como nova"



"Buratiños ou desgaste da prenda, non a tires! Todo pode ter unha segunda oportunidade!"



Canto arte!, por favor, enviade máis ideas para aproveitar roupa vella. Animádevos!!!

1 de abr. de 2020

A PRIMAVERA QUE AGORA NOS FALTA!, PRIMEIRA IMAXE DO RETO ECOLÓXICO DO MES DE ABRIL.

Esther Garza Álvarez, de 1º BAC C foi a primeira en asumir o compromiso ecolóxico do mes de abril: "reutiliza e recicla roupa vella".
Animádevos a participar!!!