22 de dec. de 2022

Nadal

 Imos dicindo un ata logo, e desexámosvos Boas Festas, co noso caligrama natalicio, feito polo alumnado de Lit. Gal do séc. XX.



20 de dec. de 2022

SOSTIBILIDADE

 Que pode ser máis sostible que reciclarmos o cartón que temos no centro dos paquetes para engalanar unha porta de Nadal? Mirade como lle quedou á nosa compañeira de Ed. Plástica, Rebeca.


 



E a que non sabedes quen foi o gañador ou gañadora da postal de Nadal? A decisión non foi doado co nivel deste ano!

16 de dec. de 2022

Nadal

 O Apalpador xa vos espera no seu recuncho:verzas, coliflor, polbo...son os pratos do Nadal da nosa zona.



15 de dec. de 2022

Nadal

 Xa estamos engalando o noso centro de Nadal: as portas, o Apalpador...



6 de dec. de 2022

SOSTIBILIDADE

 Ser sostible implica consumir produtos locais e de tempada, e o noso alumnado sábeo! Por iso promoven os produtos da zona como os que elaboran en O souto da trabe.




 Souto da Trabe

 

30 de nov. de 2022

25N

 Pechamos as actividades relacionadas co Día contra a violencia de xénero cun Scape Room coa historia de Xiana, envolta nunha relación de maltrato. E tamén ensinándovos todos os carteis que o equipo de orientación foi facendo para amosar a nosa repulsa á violencia machista.







25 de nov. de 2022

25 N

 Dende onte comezamos coas actividades de concienciación contra a Violencia de Xénero, para concienciar ó noso alumnado. Até o de agora lévanse contabilizadas 1171 vítimas da violencia machista, temos razóns de abondo para reclamar que remate esta lacra.



22 de nov. de 2022

25N

 Dicimos Non á violencia de xénero e este ano a través dun Scape Room na biblioteca ideado no Departamento de galego co que tamén queremos celebrar o Día das Bibliotecas, ese espazo cheo de vida que temos no noso centro.



17 de nov. de 2022

SOSTIBILIDADE

 Seguimos co mes da ciencia cos traballos do alumnado de 1Bac, neste caso de Pablo Vaz sobre a lonxevidade do ser humano.














15 de nov. de 2022

Musical

 Xa imos quentando.motores para o musical deste ano La la land:decorados,coreografía!




10 de nov. de 2022

SOSTIBILIDADE

 Xa estamos a celebrar o mes da ciencia en galego e relacionándoo coa sostibilidade, calquera escusa é boa para aprendermos así que o alumnado de 1ºBac despois da lectura do libro desta Avaliación, Os dados do reloxeiro de Xurxo Mariño, fixeron estes traballos.














 

 

8 de nov. de 2022

Igualdade

Xa comezamos coas actividades contra a Violencia de xénero! O alumnado de 2º ESO coa profesora Lucía Díaz participou no Concurso do Concello de Lalín: Dillo a quen maltrata, mirade que cartas máis xeitosas saíron.

Dillo a quen maltrata

3/10/2022

Estimado Lucas:

Acórdaste cando nos coñecemos? Porque eu si, acórdome de que estaba na biblioteca e ti sentácheste ao lado miña mentres lías un pequeno libro e me saudaches moi agradablemente. Estivemos un  rato falando, déchesme o teu número e eu seguín o meu camiño.

Ao día seguinte volvín a biblioteca e alí estabas ti, sentado no mesmo lugar do día anterior, collín un libro e senteime a o teu lado e seguimos falando como o día anterior.

Isto volveuse algo habitual entre nós, todos os días ti me esperabas na biblioteca e cando chegaba ti xa estabas alí. Todo foi seguindo así ata un día soleado que me dixeses si quería ir a una cafetería contigo, eu aceptei e pasámolo tan ben que comezamos a salir mais xuntos. Pasaron os meses e de coñecidos pasamos a amigos e de amigos pasamos a ser parella. Eu estaba tan namorada de ti que ata nos mudaramos xuntos,pero... pasaron os meses e empezou o verdadeiro terror.

Empezácheste a volverte mais agresivo, ías aos bares e volvías borracho; ata que un día volviches mais borracho que habitualmente, enfadácheste comigo por non terche a cea preparada e dun momento a outro, non sei como, pegáchesme, eu estaba tirada no chan, doíame a cabeza e ti solo te rías e me seguías gritando.

Cada día cando chegabas a casa pegábasme mentres me insultabas, eu intentaba pararte e ti so me pegabas mais e máis e máis. Esa era a miña nova rutina, diante dos meus pais eras amable, educado e agradable. Todo seguía igual ata que un día chegaches e violáchesme e despois para que dixera nada matáchesme. Senón fora que me escoitou berrar ata a morte a nosa veciña, non habería xustiza para min e ti non estiveras no cárcere.

Ata nunca, maltratador.

 

3 de nov. de 2022

 Onte tivemos unha actividade ben interesante no noso centro, un grupo de árbitros faláronnos da súa profesión e animaron o alumnado a faceren unha pequena formación para se iniciar dentro dela. Unha das persoas era unha muller que comentou a súa experiencia e o que foi conseguindo rompendo os teitos de cristal q atopou na súa carreira.Grazas a Miguel, o profesor de EF por esta iniciativa.



27 de out. de 2022

Samaín

 Xa estamos co Samaín no centro!! O noso alumnado de Lit. Galega do Séc. XX xa engalanou o corredor!!!