30 de abr. de 2024

Sostibilidade

 Despois de analizarmos as crises ambientais que houbo en Galicia, e de afondarmos na nosa pesca e de como facela sostibilidade tivemos unha videoconferencia con Paloma Carrillo de Albornoz:científica mariña, bióloga e investigadora que nos explicou termos cómo o Cambio climático  e o Cambio Global; ensinándonos os tesouros que temos nos nosos mares e o importantes que son para a biodiversidade.











26 de abr. de 2024

Proxecto Diversidade

 Esta avaliación seguimos co proxecto de diversidade en 2 ESO entre as profes de galego, e de aquí a final de curso traballaremos a imaxe persoal, os cánons de beleza...Hoxe estivemos analizando anuncios publicitarios para vermos os estereotipos de xénero.






25 de abr. de 2024

Día das Letras

 Comezamos a traballar coa autora homenaxeada este ano nas Letras, Luísa Villalta, e aí está o alumnado de Lit Gal do Séc XX montando unha exposición.







22 de abr. de 2024

Entroido e teatro popular

 Aínda nos quedan traballos do Entroido por vos ensinar, coma o que fixeron en 3ºESO B sobre as mostras de teatro popular e o entroido itinerante, aí vai unha mostra...

 

 



19 de abr. de 2024

Sostenibilidade

Traballamos a sostibilidade, analizando as crises ecolóxicas que houbo en Galicia co traballo do alumnado de 3ºESO B.

 














15 de abr. de 2024

Encontro con Eva Mejuto

 Eva Mejuto estivo hoxe no noso centro co alumnado de 3ESO para falarnos dun dos seus libros, lectura común para o alumnado, 22 segundos. Unha obra que conta a historia dunha rapaza transexual.




8 de abr. de 2024



Hai días nos que pedimos que nos conten un conto e non hai quen o faga, e outros temos a sorte de contar con Paula Carballeira e somos público e personaxes á vez porque nos transporta coa súa interpretación.Hoxe por partida dobre, primeiro co alumnado de 2ESO e despois co Club de lectura do profesorado.Só podemos dicir grazas.


5 de abr. de 2024

Radio Chivite

 Seguimos cos nosos Podcasts en 3ESO, esta vez sobre as mostras de teatro popular no Entroido, aínda queda a montaxe pero vai collendo forma.



3 de abr. de 2024

SOSTENIBILIDADE

Dende o Departamento de Educación Física, Miguel Obes preséntanos unha actividade de construción de materiais alternativos  co alumnado de 4º ESO. Dentro da unidade didáctica de deportes de raqueta, incluiu unha actividade optativa que consistía en fabricar unhas palas de PALADÓS. A partir dun vídeo-titorial na aula virtual e 19 de 60 alumnos/as construíron as súas propias.