Pouquiño a pouco imos dándolle forma ós novos pallets-maceteiros que poñeremos no patio!
31 de maio de 2024
30 de maio de 2024
27 de maio de 2024
Actualizando os clásicos
A propostas vennos da materia de Lit.Gal.do Séc. XX:Actualizando os clásicos. A través dela o alumnado propón unha sinopse e unha portada para cásicos da literatura galega coma Os dous de sempre ou O porco de pé.
24 de maio de 2024
Día das Letras
E rematamos as actividades coas que homenaxeamos a obra da autora Luísa Villalta, amosándovos os traballos que fixo o alumnado de 3ESO, entre eles Víctor, ilustrando algúns dos seus poemas.
Hastags, Twitter, tamén en igualdade
Dentro do noso proxecto de 2ESO estamos rematando coas actividades do curso e revisamos as redes sociaos procurando eliminar hastags machistas e revertelos, aí tedes un cartel que fixo o noso alumnado!
17 de maio de 2024
Día das Letras
Finalmente este foi o cartel gañadordo nos concurso das Letras Galegas 2024 adicadas á autora Luísa Villalta. Feliz día a todos os galegos e galegas e que vivan as nosas letras🤍💙🤍
14 de maio de 2024
Día das Letras
Seguimos coa nosa homenaxe á obra de Luísa Villalta, e desta cunhas follas voandeiras que deseñamos cos seus versos
13 de maio de 2024
Día das Letras
Xa estamos na semana das Letras e imos ir celebrando a nosa homenaxe a Luísa Villalta, comezamos cunha votación para escollermos o cartel que máis vos guste dos que elaboraron o alumnado de Lit. Gal. do Séc. XX. Ide votando!!
10 de maio de 2024
Sostenibilidade
Dende o Departamento de Matemáticas tamén contribúen á Sostenibilidade, neste caso dende o "Mundo dixital e a sostibilidade". Fomentando a investigación no noso alumnado e traballando a selección e búsqueda de contidos dixitais de forma crítica, chegaron a reflexionar sobre como contribuír ao desenvolvemento sostible dende os obxectivos marcados pola axenda 2030.