26 de set. de 2024
Día europeo das linguas minoritarias
Hoxe celebramos o Día europeo das linguas minoritarias cun xogo onde o alumnado de 1 e 2 ESO ía colocando cada unha das linguas no mapa, metemos tamén as Illas británicas para ampliarmos coñecementos e....temos.unha rapazada ben espelida que completou as sete que se lle pedían en tempo record e marcharon cos seus agasallos! Grazas pola vosa participación!
25 de set. de 2024
Musical
Onte despedímonos do musical Mil Estrelas, un recompilatorio de fragmentos de musicais ben coñecidos que o noso alumnado interpretou co fío condutor das vidas das limpadoras do teatro. Pasado tamén a linguaxe de signos por Irene e Carolina, as nosas compañeiras intérpretes de signos e por Samay. E con música en directo do coro de profesorado e alumnado e do noso compañeiro de música, David acompañado por Nuno, ó piano. Unha actuación profesional á altura de calquera grupo de actores e actrices!
https://www.instagram.com/p/DAVcvlMC78D/?igsh=MWpiZnVveWs4M2drOA==
Poemas=música
Ensinámosvos o resultado da pequena exposición de poemas de finais do Séc.XX e comezos do XXI q foron levados a cancións.
23 de set. de 2024
Poemas=Música
Estreamos este curso que virá marcado por ser o das Cantareiras cunha actividade onde relacionamos a literatura de finais do séc XX e comezos do XXI coa música; os poemas de Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas ou Celso Emilio Ferreiro foron pasados a música de todos os estilos que podemos escoitar nos códigos QR que acompañan a letra.