O
día 28 de xaneiro, a escritora Elena Gallego Abad, visitou o noso Instituto
para dar unha charla sobre a súa triloxía Dragal.
O director, Juan Guerra, fixo unha pequena reseña biográfica sobre a
autora. Así enterámonos de que naceu e creceu en Verín e que foi alumna do noso
instituto. Elena Gallego confesounos que o primeiro libro da triloxía
escribiuno para que o lera só o seu fillo. Sen embargo decidiuse a presentalo a
un concurso e agora ve cumprido o seu soño de ser escritora. Tamén nos cometou
o importante que son as novas tecnoloxías para promocionar a súa obra. Dragal
ten páxina web e perfil de facebook! Gracias a ela entereime que bookcrossing
consiste en deixar libros en distintas partes do mundo e seguir a súa pista ó
longo do tempo. Algún exemplar de Dragal empezou na China e outro xa chegou a
Italia.
Moi amable, Elena Gallego, asinounos
os libros a todos os que llo pedimos e a súas dedicatorias foron moi
agarimosas. A min escribiume: “Este Dragal, a herdanza do Dragón é para
Fernando. Benvido as páxinas do Dragón”.
En resumo, foi unha experiencia moi
positiva que me gustaría repetir con outros autores galegos.
Resumo da experiencia escrita por Fernando de 3º da ESO