31 de xan. de 2013

VISITA DA ESCRITORA ELENA GALLEGO





          O día 28 de xaneiro, a escritora Elena Gallego Abad, visitou o noso Instituto para dar unha charla sobre a súa triloxía Dragal.

            O director, Juan Guerra,  fixo unha pequena reseña biográfica sobre a autora. Así enterámonos de que naceu e creceu en Verín e que foi alumna do noso instituto. Elena Gallego confesounos que o primeiro libro da triloxía escribiuno para que o lera só o seu fillo. Sen embargo decidiuse a presentalo a un concurso e agora ve cumprido o seu soño de ser escritora. Tamén nos cometou o importante que son as novas tecnoloxías para promocionar a súa obra. Dragal ten páxina web e perfil de facebook! Gracias a ela entereime que bookcrossing consiste en deixar libros en distintas partes do mundo e seguir a súa pista ó longo do tempo. Algún exemplar de Dragal empezou na China e outro xa chegou a Italia.

            Moi amable, Elena Gallego, asinounos os libros a todos os que llo pedimos e a súas dedicatorias foron moi agarimosas. A min escribiume: “Este Dragal, a herdanza do Dragón é para Fernando. Benvido as páxinas do Dragón”.

            En resumo, foi unha experiencia moi positiva que me gustaría repetir con outros autores galegos.

Resumo da experiencia  escrita por Fernando de 3º da  ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario