A cirurxía
estética é empregada para mellorar a aparencia física, ou para corrixir un
problema físico dalgunha persoa.
Antigamente
a cirurxía estética era empregada soamente para mellorar a saúde do paciente,
utilizada por primeira vez despois da Primeira Guerra Mundial nos mozos que
viñan con secuelas físicas.
O
adolescente que se realiza unha operación de cirurxía estética busca encaixar e
evitar posibles burlas ao contrario que os adultos que buscan aparentar máis
novos.
Poderiamos
considerar que a cirurxía estética en adolescentes ten vantaxes como a
rinoplastia que nos axudaría a respirar mellor ou que mellorará a autoestima e
o carácter do paciente e as súas relacións sociais, pero estas vantaxes van
unidas a unha serie de desvantaxes.
As
operacións de cirurxía estética poden ter complicacións e contraer infeccións,
a lista das complicacións e longa como a parálise parcial ou total da cara,
danos nos nervios, dano cerebral, etc. Existe tamén o risco de morte, o
arrepentimento porque os resultados non foron os esperados, é custosa e pódese
converter nunha adicción.
A
adolescencia é unha etapa conflitiva e de inmadurez, e ás veces de baixa
autoestima ou medo. Todo isto fan que a adolescencia non sexa unha boa etapa
para decidir sobre unha cirurxía estética.
Os desordes
alimenticios, a percepción da propia imaxe ou a necesidade de adecuarse aos “canons”
que estean de moda afectan aos adolescentes e entre o grupo deles que máis
demanda as operación estéticas son rapaces e rapazas que apenas alcanzan os
dezaoito. O motivo: moda das cirurxías estéticas como regalo.
O procedemento
que se debería seguir se consideramos una operación deste tipo, sería pensalo
debidamente porque non é algo que haxa que tomalo á lixeira, consultalo cos
pais e acudir a un psicólogo, verificar que o cirurxián teña credenciais e
desconfiar das ofertas relativamente baratas.
Todos temos
características que nos distinguen doutros seres humanos e que nos fan únicos.
Hai moitos rasgos que son difíciles de levar como as orellas e nariz grandes
pero que non impiden o funcionamento normal da personalidade.
A
intelixencia, a graza, a alegría son valores que atraen aos demais e que non
poden ser arranxados ou cambiados mediante una cirurxía.
Recoñecernos
coa nosa propia imaxe na adolescencia é difícil se non estamos satisfeitos con noso
corpo, pero a solución non é cambiar
todo aquilo que nos molesta, a forma de superalo é desenrolando una autoestima
forte, porque non somos nin una nariz, nin unas orellas, nin uns peitos.
Texto de Andrea Álvarez Salgado e Andrea Limia Sánchez de 1º BAC A
Ningún comentario:
Publicar un comentario