Este libro narra a historia de dúas rapazas chamadas Lúpe e
Sofía que tras acabar a festa do seu colexio van en busca de un taxi. Ao non
atopalo deciden montar nun coche de dous rapaces alleos a elas pensando que
eran invitados da festa, e este feito marcaralle as súas vidas, porque foron vítimas
dunha agresión sexual. Durante os días seguintes moita xente non se atreve a
miralas a cara, pero elas asumen o que lle pasou e non se evaden da realidade.
Sofía conta co apoio dos seus pais, mentres ue Lúpe non tanto, pero as dúas
levan a cabo as denuncias correspondentes. Nestas dúas rapazas vese reflectido o
mito da medusa; no que os seus cabelos convértense en serpentes polo castigo
tras ser forzada por Poseidón, cando as vítimas eran elas. E o mito da medusa
desencadea moitos conflitos...
Opinión Persoal:
A min este libro gustoume, non só polos valores que se levan
a cabo senón pola actitude dos personaxes. O feito de ser violada e asumilo con
valentía, de non agachar a cabeza diante dos demais, porque esa forza que teñen
as protagonistas gustaríalle tela a moita xente.
Recomendacións:
Este libro recomendaríallo a xente que lle gustan os valores
da xustiza, da igualdade de xénero e sobre todo da amizade.
Elia Salgado de 3º ESO B
Ningún comentario:
Publicar un comentario