AUTORA.
Mutacións Xenéticas está escrito por Fina
Casalderrey, unha escritora nacida en Pontevedra que estudou maxisterio e gañou
diversos premios tanto a nivel persoal como colectivo, cos seus alumnos.
RESUMO.
Este libro
cóntanos a historia de Hadrián, un rapaz que vive en Inglaterra, e ten que vir
a Galicia para coñecer ó seu avó. El pensa que o mes que pasará aquí, vai estar moi aburrido, pero non sabe a que se
dedica o seu avó. Este é un científico que está a investigar como poder
remplazar as máquinas por animais, facendo que estes ante unha orde dun ser
humano reaccionen e fagan algo para o noso proveito. A investigación ten como finalidade facer un mundo sen
tanta contaminación. Hadrián axuda ó seu avó en todo o que pode, xa que ten o
laboratorio dentro da súa propia casa. Por outra banda, o avó sen a axuda do
seu neto non sería quen de seguir adiante coa súa investigación.
VALORACIÓN
PERSOAL.
Mentres un vai
lendo este libro, pensa se podería ser posible o que quere facer o avó de
Hadrián, xa que dá moito que pensar.Ó mesmo tempo tamén te identificas moito
coa personaxe principal, xa que é un neno que fai travesuras con frecuencia e é moi preguntón.
Leticia Lozano Meiriño de 3º ESO A
Gracias, tiña un exame deste libro e non no había lido
ResponderEliminar