Este libro cóntanos unha historia real,a
historia da vida de Sadako.
Sadako era unha nena xaponesa que vivía en
Hiroshima, ela tiña dous anos cando os Estados Unidos lanzaron a bomba atómica,
que causou miles de mortes e moitos enfermos como causa das radiacións. Dez
anos despois, Sadako comezou a enfermar e decatáronse de que tiña leucemia como
causa das radiacións daquela bomba. Cando estaba no hospital , a súa amiga
Chizuko contoulle a historia das mil grúas de papel. A historia dicía que se
unha persoa facía mil grúas de papel, os deuses escoitaban a súa pregaria e sandaba.
Chizuko deulle a primeira e Sadako seguiunas facendo ata o seu fin,pero
desgraciadamente non puido rematalas.
A min este libro gustoume moito porque reflexa
a verdadeira amizade entre dúas amigas e porque nel tamén se ve como a persoa
enferma é a que saca forzas para axudar a familia e que non se derruben.
Eu recomendaríalle este libro as persoas que
non se ven capaces de afrontar un problema porque lles faría cambiar de
opinión. Tamén llo recomendo as persoas que lles interese a historia de
Sadako,porque aínda que foi unha nena que morreu con 12 anos, ela deixou unha
pegada moi grande na historia e por iso ten unha estatua no parque da Paz en
Hiroshima.
Alicia Paz Martínez 3º ESO B
Ningún comentario:
Publicar un comentario