31 de maio de 2016

GRUPO DE TEATRO

O pasado xoves, 19 de maio, 21 alumnos do grupo de teatro "A Tecedora de Soños" do Xesús Taboada Chivite xunto coas dúas profesoras directoras do grupo viaxamos ata Valongo (Oporto) onde participamos no festival de teatro escolar "Teatrando".

A nosa viaxe comezou o xoves a eso das catro da tarde cando cargamos o autobús e puxémonos en marcha. Iamos moi ilusionados e a mesma vez nerviosos. Ao chegar descargamos todo o atrezo no teatro donde actuaríamos ao día seguinte e puxémonos rumbo a onde durmimos. Logo de deixar todo preparado fumos a onde ceamos e esa mesma noite asistimos ao espectáculo que estaba organizado.

Ao día seguinte levantámonos, almorzamos e leváronnos a coñecer o pobo e a súa historia, visitamos unha fábrica de lousas coa visita a unha mina a ceo aberto e unha fábrica de galletas. Despois de comer fomos ao teatro e estivemos toda a tarde ensaiando ata a hora da función. Para a nosa sorpresa alí apareceu Marita (profesora de galego), Isa (profesora de inglés) e Dani (profesor de Grego), que nos veu a gravar (pódelo ver en facebook), fans nº 1 do grupo.

Os dous seguintes días realizamos unha clase de teatro cun actor portugués, Jorge Neto, con quen estivemos facendo diferentes tarefas de interpretación, relaxación... Tras rematar a clase con Jorge, os organizadores do grupo entregáronnos a cada participante do festival un diploma de participación e visualizamos o video-resumo do festival
Toda unha gran experiencia na que nos levamos todo tipo de emocións





Ningún comentario:

Publicar un comentario