Iria Rúa de 1º de BAC a foi seleccionada como finalista do concurso inspiraciencia na modalidade relato xoven en galego. Parabéns.
http://www.inspiraciencia.es/…/ga…/mozo/501-a-movida-sen-fin
16 de xuño de 2016
14 de xuño de 2016
DIETAS DO MUNDO
Os alumnos de 3º ESO, na materia de Bioloxía e Xeoloxía e os de 1º BAC, na materia de Anatomía aplicada, analizaron as dietas de distintos países do mundo.
Traballaron en grupos de dúas ou tres persoas. Cada grupo escolleu un país e construiu unha pirámide de base cadrada, na que debía aparecer a seguinte información en cada cara:
- 1ª cara: Datos do país: mapa, orientación, extensión, poboación, taxa de natalidade, taxa de mortandade, esperanza de vida, clima, biomas, recursos naturais e riscos.
- 2ª cara: Menú cos pratos típicos de cada país ordenados como primeiro prato, segundo prato ou sobremesa.
- 3ª cara: Selección dun prato típico: ingredientes, elaboración, época do ano na que se consume e orde (primeiro, segundo prato ou sobremesa)
- 4ª cara: Beneficios e prexuizos do prato típico escollido sobre a saúde.
Todas as fotos aquí

7 de xuño de 2016
O FENÓMENO DA OSMOSE NA PATACA
María Paradela Alonso e Iria Rúa Vázquez de 1º BAC B deseñaron un experimento para comprobar o fenómeno de osmose en células vivas de pataca.