Feliz Ciencia en Galego2017 by ofiadeirodalingua on Scribd
31 de dec. de 2016
15 de dec. de 2016
BO NADAL 2016
O profesor de tecnoloxía Enrique Álvarez tornou un piñeiro seco, nunha árbore branca, de ilusións e esperanzas. As pólas estanse enchendo de bolboretas de cores con desexos para o vindeiro ano.
Ata o día 21 de decembro seguiranse pendurando lepidópteros cargados de soños para o 2017.
Esperamos que todos estes desexos se fagan realidade.
No taboleiro aparecen os
propósitos do alumnado do instituto para o ano 2017.
Os alumnos de 1º ESO
reflexionan sobre o que significa o Nadal para eles.
12 de dec. de 2016
5 de dec. de 2016
AS NENAS E OS NENOS SOLDADO
O día 1 de decembro, os
alumnos de bacharelato acudimos a una charla sobre os nenos e as nenas soldado,
un tema moi grave na actualidade.
A charla comezou cunha breve
introdución sobre que eran os nenos e nenas soldado. Son nenos de menos de
dezaoito anos que foron recrutados de forma violenta, sobre os que se abusa psicoloxicamente
con ameazas para combater nas guerras. As persoas que os recrutan son soldados
do exército que tamén combaten nas guerrillas e que adestran a eses nenos para
que eles tamén loiten.
Preto de 300.000 nenos e
nenas están sendo obrigados a loitar en guerras actualmente, una cifra
totalmente preocupante. Estes nenos e nenas forman o 10% dos ocupantes de
moitos exércitos.
O país máis afectado é
África, e dentro dese continente son países como República do Congo, Chad e
Sudán os que máis involucrados se ven neste problema social. A parte de África
tamén hai outros países nos que hai nenos e nenas soldado, como son Afganistán
e Colombia, entre outros.
Na charla tamén se falou de
Momar Badiane, un fotógrafo senegalés que realizou una exposición de
fotografías sobre como se recrutan e se empregan ós nenos soldados.
Posteriormente,
proxectáronse una serie de vídeos sobre este tema.
O primeiro vídeo trataba sobre
varios testemuños de persoas que foran recrutadas cando eran moi cativos e
sobre a parte máis difícil desa vida tan dura, que era a reintegración social.
Cando eses nenos e nenas conseguían escapar desas guerras, a sociedade non
adoitaba confiar neles, polo que era moi difícil a súa reinserción.
Nese mesmo vídeo, fíxose una
pregunta moi interesante: Cando se deixa de ser vítima e se comeza a ser vitimario?
É dicir, en que momento deixan os nenos de ser vítimas dun recrutamento e en
que momento comen a ser asasinos, xa que aínda que o fagan de maneira formada,
eses nenos ,na guerra, matan persoas.
En canto ao segundo vídeos,
era un vídeo sobre unha historia concreta, a de un neno que non recordaba o seu
verdadeiro nome, xa que cando estes soldados o recrutaron, asignáronlle un
alcume de guerra.
O terceiro vídeo trataba
sobre unha serie de testemuños de nenos que foran soldados xa dende moi
cativos.
Por último, vimos un vídeo
musical no que a canción trataba sobre os nenos e nenos soldados, e que foi
composta por un famoso cantante español.
En canto a miña opinión,
está claro que estou en contra desta atrocidade. Paréceme surrealista que en
pleno século XXI siga existindo isto, cando nunca tivo nin sequera que comezar.
É moi triste o que lle fan a
eses nenos, arrebatarlles os seus dereitos, obrigalos a empregar armas e ata
matar xente, ás veces incluída a súa familia, con tan pouca idade, e aínda que
tiveran moitos máis anos, seguiría sendo algo que non se podería consentir.
Isto é un grave problema
social que deixou máis de dous millóns de mortes, unha cifra extremadamente
alta.
Por sorte, a ONU programou
un plan de axuda para baixar esa cifra de nenos e nenas recrutadas. Ao parecer
está funcionando, pero non elimina de todo o problema.
O máis grave de todo, é que
isto non é unha situación actual, senón que sempre existiron nenos e nenas
soldados, e parece mentira, que pasados tantos anos non se conseguirá rematar
con isto.
Saioa Zozaya
Fernández
1º Bach A
Hoxe
tivemos unha charla sobre a situación de nenos e nenas soldado en países do 3º
e 2º mundo, e de como son adoutrinados, formados e a súa vida adulta.
A gran
maioría dos nenos soldado son basicamente escravos tomados tras a conquista dun
territorio, os pobres rapaces son extraídos de toda vida anterior que tiveran,
e a súa educación é substituída polo ensino de calibres e armas.
Logo,
presentaron os dous futuros posibles para os nenos soldado; un deles, o
descenso na ira, no que un neno soldado en África se converteu nun sanguinario
asasino de masas. Que hoxe en día se atopa en espera de xuízo, aínda que moitos
dubidan no procedemento, no que me atopo, pois por unha parte, esa persoa
atópase trastornada pola súa infancia, pero pola outra, o cortés non quita o
valente, cometeu os crimes a conciencia.
Tamén
se viu a outra cara da moeda, unha muller en Colombia, criada nas FARC, e
reintegrada na sociedade, conseguiu adaptarse e mesmo ela fundou unha sociedade
para ex-Nenos Soldado.
A
situación continúa sendo que hai 300.000 nenos soldados aí afora, sen eu non
poder facer moito por eles.
1ºBach A
Estes, son
nenos e nenas de entre 6 e os 17 anos aos que obrigan a coller un arma para
asasinar.
Si, isto é
unha triste realidade que leva ocorrido dende hai moitos anos, por non dicir
toda a vida. Eu coñecía isto, pero non sabía que puidese ser tan grave, non ata
hoxe. O noso instituto convidou a Roberto Mansilla Blanco, que tivo o pracer de
achegarnos información sobre estes casos. Comentou moitas cousas, e púxonos vídeos
que a algúns de nós, puxéronnos a pel de galiña.
Aproximadamente
arredor do mundo hai uns 300.000 nenos e nenas soldado. Primeiro fan a estes
nenos vulnerables psicoloxicamente para que vaian con eles. Falounos sobre
Momar Badiane, que é un debuxante senegalés que fai unha denuncia sobre estes
nenos.
Tamén nos
falou sobre Ongwen que foi un neno soldado dende os 10 anos e ao que xulgaron
de todos os delitos que cometeu de adulto cando foi comandante dun grupo
guerrilleiro.
Nun dos vídeos,
aparecía unha rapaza que foi a un grupo de reintegración de nenos soldado, e
falaba de que o peor é volver a integrarse nunha sociedade, porque non ten
casa, nin diñeiro, nin emprego, está sen nada.
Estes nenos
son como escravos, e prívanos dos seus dereitos, de ler, de escribir…
“Non sei nin
ler nin escribir, pero sei o nome de todas as balas e metralladoras que hai”,
estas son as palabras dunha nena que se atopa nesta situación.
Eu opino que
é moi triste que rapaces da nosa idade e máis pequenos teñan que sufrir iso,
pasar toda a vida loitando en conflitos que nunca terminan, e aínda que acaben,
estes nenos teñen moito rancor acumulado. Moitas veces os comandantes míntenlle
aos nenos para que maten, por exemplo, dinlle que eles foron quen mataron aos
seus pais e teñen que vingar a súa morte. Os nenos teñen que xogar, ter unha
infancia, aprender a ler, a escribir.
Elena Texeira Alvar
1º Bach A
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA
Os alumnos e alumnas de 3º de
ESO do Xesús Taboada Chivite asistimos toda a semana do 15 de novembro a unha
inmersión lingüística nos Peares. Estaba
situado nun lugar moi bonito con marabillosas estancias ao lado dun enorme
embalse.
O noso horario era moi simple,e
dividíase en 3 seccións:
-ALIMENTACIÓN: tiñamos 5
comidas ao día,o almorzo,as 9 aproximadamente;a media-mañá,as 12;a comida que
era entre as 2 e as 3;a merenda,polas 6-7 da tarde e a cea as 9-10 da noite.
-ACTIVIDADES E CLASE: pola mañá
tiñamos todo clase agás o tempo da media-mañá,e despois íamos comer.Despois
tiñamos actividades diarias pola tarde que cada día eran diferentes e clase
pola tarde.E pola noite,despois de cear,tiñamos a actividade nocturna,que tamén
era diferente cada día.
-TEMPO LIBRE: tiñamos pouco
tempo libre,pero tampouco o necesitabamos moito,despois de comer tiñamos media
hora aproximadamente para ir a sala de xogos ou facer o que quixésemos de
lecer.
Fixemos milleiros de
actividades,pero sempre utilizando o inglés para comunicarnos,diso se
trataba,mellorar o inglés.As clases foron moi variadas,tratamos temas case
todos referíndose a contaminación,tamén fixemos moitos xogos con iso.Despois
tiñamos clases de cada país,porque estabamos divididos en países,e o último día
teriamos que expoñer o noso país e os seus costumes diante de todos.Non só
estivemos naquel recinto,senón que fomos a outros lugares para facer outras
actividades como: ir a un pavillón a outro pobo camiñando para o día
olímpico,dar paseos e ver onde se une o río Sil e o Támega, fomos a un museo de
ferrocarril...Nas actividades ou xogos de todos os días tivemos moitas e moi
diferentes,puidemos sentir o vicio de ir a un casino,xogar ao “Tuttifrutti”
xigante,xogar a gran busca do tesouro…
Ao final creo que foi unha
semana bastante divertida,que serviu para mellorar a fala co inglés e,dalgunha
forma,saír da rutina de instituto que estabamos acostumados.Foi unha
experiencia moi boa e si se puidese repetir,repetiríaa sen dúbida.
Alejandro Cid Pazos 3ºESO-A
Nº10
As
habitacións eran de 4 camas, 2 liteiras, cunha cama arriba e outra abaixo, 1
baño, cunha ducha e 2 pilas para lavarnos os dentes.
Polas mañás,
erguíamonos as 8:00, dábannos 10 minutos para vestirnos e facer a cama, e logo
subíamos todos a almorzar. A comida estaba rica e era sana.
Respecto as clases, pola mañá tiñamos 2 horas
de clase, na que faciamos una ficha e falabamos en Inglés. As 13:30 comiamos,
despois de comer lavábamos os dentes e tiñamos 30 minutos de tempo libre, no
que xogábamos ao futbolín ou o ping pong. Polas tardes, faciamos una
actividade. A máis divertida foi cando fomos a un pavillón no que pasamos toda
a tarde xogando a xogos como o fútbol, o rugby, saltar a comba, pero para
chegar e volver camiñamos máis de 5 km.
Outra tarde,
camiñamos recorrendo os Peares, é un lugar moi fermoso. Vimos o encontro do río
Miño e o Sil, debaixo dunha ponte moi grande e visitamos una casa do tren, con
maquetas de trens moi antigos que pasaron por alí.
Polas
noites, despois de cear, tiñamos actividades coma casino; que para min foi a
máis divertida, cine, discoteca…
Estabamos organizados
por grupos, cada grupo representaba a un país, eu era de Sudáfrica. Cada grupo
tiña que preparar una presentación do seu país. Pasámolo moi ben organizándoo
tanto como representándoo.
O último día
déronnos un diploma a cada un, cun nivel de Inglés.
Isto foi a
inmersión lingüística moi resumida, porque fixemos moitas cousas. Pasámolo moi
ben e aprendemos moito.
Alejandro Domínguez Gonzàlez de 3 ESO B.
2 de dec. de 2016
DESCUBRINDO AS ROCHAS QUE PISAS
O venres 25 de novembro, alumnos de 1º e 2º de Bacharelato participaron nunha actividade organizada polos departamentos de "Xeografía e Historia" e de "Bioloxía e Xeoloxía", a cargo do ponente Francisco Canosa. A actividade "Descubrindo as rochas que pisas", incluiu unha breve e concisa charla sobre a xeoloxía xeral de Galicia, así como un obradoiro con rochas.
RESUMO DA CHARLA:
O tema principal da charla era a xeoloxía e as rochas que compoñían a paisaxe galega.
Aínda sendo ese o tema principal a charla pódese considerar que estivo dividida en varias partes:
- INTRODUCIÓN: O maior problema que ten a xeoloxía son as unidades nas que é medida, é dicir os millóns de anos, xa que non sabemos cuantificar moi ben o tempo ao que se refire, polo que debemos por como exemplo un ano, situando os eventos xeolóxicos en meses e días concretos.
-ESTRUTURA E DINÁMICA TERRESTRE: O estudo da dinámica terrestre comezou cando Alfred Wegener estudou o posible movemento das placas tectónicas. Posteriormente comprobouse que tiña razón e coa axuda de estudos posteriores puidéronse diferenciar varios tipos de bordos de placas, xa que en cada un deses tipos producíanse diferentes movementos: Bordos diverxentes, converxentes e de fallas transformantes. O descubrimentos destes diferentes tipos de bordos permitiu establecer a teoría da Tectónica de Placas, onde se explicaba que o motivo polo que as placas cambian a súa posición son os movementos de convección que se producen no manto. Posteriormente estableceuse o Ciclo de Wilson.
-XEOLOXÍA DE GALICIA: A creación das rochas que conforman a paisaxe galega producíronse en varias etapas, e nunha posición diferente á actual a maioría delas: Fase oroxénica no Paleozoico, fase de Arrasamento no Mesozoico, e fase de Reactivación no Cenozoico. A evolución máis destacable destas rochas produciuse nesta última etapa, onde tamén se produciron notables cambios no nivel do mar.
Segundo a posición desas rochas distínguense 3 zonas: Zona Asturoccidental Leonesa, Zona Galega Trasosmontes e Zona Centro Ibérica.
-USOS DA XEOLOXÍA: A xeoloxía pódese aplicar en moitos aspectos da vida cotiá, como pode ser o seu uso para saber con antelación os posibles fenómenos e catástrofes naturais que poden suceder e protexer a poboación. Ademais moitas explotacións de petróleo e gas natural entre outros non poderían haberse feito sen axuda das sondaxes e mapas xeolóxicos.
OPINIÓN PERSOAL:
Foi unha charla interesante, aínda que algunhas partes puideron ser máis amenas e interesantes que outras. Na miña opinión a parte máis interesante foi na que falou das rochas que abundan en Galicia, xa que moitas veces ao estudar xeoloxía estudamos as rochas en xeral, e facelo das rochas que abundan na zona onde nos vivimos pode causar máis interese e curiosidade, e tamén cando ao rematar a charla fomos ao laboratorio a identificalas.
Sofía Vivián Álvarez 1BACH-A
30 de nov. de 2016
28 de nov. de 2016
DOCUMENTAL CHICAS NUEVAS 24 HORAS E COLOQUIO CON MABEL LOZANO
Gustoume moito. Tiña oído falar dese tema, pero non tan a fondo, por iso abriume os ollos e ensinoume valores que non tiña en mente. É un tema realmente serio que debería pararse.
Como muller ou nena, a calquera de nós, a calquera muller lle podería pasar, hoxe ou mañá, e por iso persoalmente moitas veces entendo os medos das nais a deixar soa a unha filla ou eses tipos de medos que non hai no caso dun fillo. Creo que o que vimos hoxe debería velo todo o mundo e que todos axudaramos no que se puidera a parar isto.
Como muller ou nena, a calquera de nós, a calquera muller lle podería pasar, hoxe ou mañá, e por iso persoalmente moitas veces entendo os medos das nais a deixar soa a unha filla ou eses tipos de medos que non hai no caso dun fillo. Creo que o que vimos hoxe debería velo todo o mundo e que todos axudaramos no que se puidera a parar isto.
Katia Vidal de 3 ESO C
O visionado do documental _Chicas Nuevas 24 Horas_, como parte das actividades do IES X. Taboada Chivite no marco da conmemoración do _Día Internacional contra a Violencia de Xénero_, fíxonos reflexionar sobre a trata de mulleres e as actuacións que podemos realizar para erradicala. Ante situacións de inxustiza como esa, o alumnado de 3°A non dudou en unir as súas mans como símbolo de apoio á loita contra todo tipo de maltrato baixo o lema #NinUnhaMenos
Helga
CALLOS E GARABANZOS
INGREDIENTES
·300g de
garabanzos
·Chourizo
·Cebola
·Touciño
fresco
·Man de
porco
·Pemento
verde
·Tomate grande
·Cabeza de
allo
·Dúas ou
tres patacas
·Un par de
guindillas
·Pimentón
doce
·Sal
·Pementa
negra
Preparación
1º Por os garabanzos en remollo a noite anterior.
2º Botar os callos e a man nunha olla expres e
cubrilos con auga
3º Botarlle un chorro de vinagre. Seguidamente
botarlle a cebola, o tomate, os allos e o pemento.
4º Agregarlle as guindillas, o touciño e os
garabanzos.
5º Salpimentamos todo e cubrir todos os
ingredientes coa auga.
6º Por a olla a quentar, e cando ferva a auga, baixamos
a intensidade media. Tapamos a olla e deixamos que se fagan durante 35 ou 40
minutos.
7º Deixamos que libere toda a presión. E botamos
o pimentón doce, as patacas e o chourizo na olla e deixamola na olla 2 horas máis
ou menos.
Por Paula Manzano de 3ºESO C
•Ingredientes :
-Acelgas : grupo V da roda dos alimentos.-Cebola : grupo V-Allo : grupo V-Garabanzos : grupo I•Preparación :Pomos os garabanzos en remollo o día antes, con sal, cocemos as acelgas e apartámolas, pochamos a cebola e cando está lista, botamos as acelgas e mareámolas un pouco, cocemos os garabanzos e cando están cocidos, escoámolos e botámolos enriba das acelgas, deixamos cocer e listo.
•Valor Enerxético :Unha ración contén 300 calorías e 9 gramos de graxa
Por Alejandra Vega Cid de 3º ESO C
25 de nov. de 2016
A VIOLENCIA CONTRA A MULLER NA LITERATURA
A violencia
de xénero é un tema que está moi presente, por desgraza, na nosa sociedade. Só
no que levamos de ano, as cifras de feminicidios (asasinatos de mulleres por
razóns de xénero) sobrepasan as 86 mortes en España. Máis de mil mulleres foron
asasinadas nos últimos 15 anos e no 15.7 % dos casos xa existían denuncias
previas.
Os datos son alarmantes, polo que este é un tema que nos afecta a todos tanto como sociedade coma a nós, como mulleres. Por este motivo, as alumnas de 1ºBACH de Literatura Universal do IES Xesús Taboada Chivite decidimos facer unha exposición sobre diferentes libros nos que a violencia de xénero ten un gran protagonismo. Logo de pescudar que obras nos poderían valer para tratar este tema, acabamos escollendo os seguintes títulos: La casa de Bernarda Alba, Casa de muñecas, Cometas en el Cielo, Otelo e Lolita.
Cada unha
de nós faremos unha presentación na que falaremos do libro e da figura da
muller como vítima de maltrato para despois expoñelo nas clases de ESO e de
bacharelato. Parécenos unha boa idea, xa que deste xeito todos os nosos
compañeiros e compañeiras poderán descubrir como a violencia de xénero ten
cabida na cultura popular da man de obras literarias tan recoñecidas como das
que lles imos falar.
Esperamos
que con este traballo os rapaces e rapazas do noso centro se decaten de
como a literatura de diferentes épocas pode servir para concienciarnos da dura realidade que nos
rodea.
Sara guerra Sandoval
1º BAC B
24 de nov. de 2016
RECEITAS DE LEGUMES
22 de nov. de 2016
GASTRONOMÍA DE OUTONO
A profesora de galego Concha Fernández propúxolles ao seus alumnos de 1º ESO A e C, así como aos de 2º ESO B e D, que recollesen e presentasen receitas elaboradas con produtos de outono: figos, castañas, noces, berzas, cogumelos, xabaril, coello...
Con todas as receitas recollidas, a profesora fará un libro, que será exposto na biblioteca do centro.
21 de nov. de 2016
OUTONO
20 de nov. de 2016
POESÍAS DE OUTONO
Os alumnos de 1º ESO B e de 1º ESO D a petición da profesora de Lingua e Literatura Galega, Marita Fernández e baixo a súa supervisión, escribiron poemas e reflexións sobre o outono, acompañados de debuxos cunha presentación moi coidada.
Entre todos, destaca o poema:"Sensacións" de Pablo Villarino Rivero, que aparece a continuación e que será publicado na revista do centro "Faíscas". Este poema denota unha gran sensibilidade por parte do autor.
17 de nov. de 2016
RECEITA LENTELLAS CON VERDURA E ARROZ DE BELTRÁN DOBARRIO
Ingredientes
·150g de arroz (grupo 1 e ten función enerxética)
·3 o 4 cenorias (grupo 4 e ten función
reguladora)
·3 o 4 patacas (grupo 1 e ten función enerxética)
·3 o 4 porros (grupo 5 e ten función
reguladora)
·1 o 2 cebolas (grupo 5 e ten función
reguladora)
·Caldo limpo
·2 o 3 ovos duros (grupo 3 e ten función
plástica)
·Sal e comiños moídos
· Aceite de oliva (grupo 2 e ten función enerxética)
-O valor enerxético dun prato de lentellas con verduras e arroz é de 444kcal.
-O valor enerxético dun prato de lentellas con verduras e arroz é de 444kcal.
Receita
Na cubeta da pota poñemos un pouco de aceite
de oliva e deixamos que quente un pouco.
Mentres, limpamos as cebolas e os porros e os
cortamos en anacos moi pequenos, limpamos as cenorias, as patacas e cortámolas
en dados pequenos.
Primeiro sofritir a cebola, máis tarde
engadimos as cenorias, as patacas e refogamos ben todo na cubeta.
Despois agregamos as lentellas que tivemos en
remollo toda a noite , o arroz, un pouco de comiños moídos e agregamos o caldo
limpo ata cubrir todo ben.Logo engadimos un pouco de sal.
Ó final cando xa están feitas poñemos uns ovos
duros para acompañar.
15 de nov. de 2016
RECEITA DE LENTELLAS DE KATIA VIDAL
As lentellas
son un dos miles de tipos de legumes.
Receita
das lentellas
Ingredientes:
·
Patacas
·
Lentellas
·
Panceta
·
Chourizo
·
Aceite
·
Sal
Preparación:
·
Cortar
en trozos a panceta, o chourizo e as patacas.
·
Mezcrar
tódolos ingredientes (excepto o sal) e poñelos a cocer durante unha hora a lume
alto e ir baixándolle cara o final.
·
Ao
final, botarlle un pouco máis de aceite e engadir o sal.
·
Se
queremos podemos engadirlle colorante ou/e pimentón.
Valor
nutricional
Kiloxulios
|
1632 kj
|
Calorías
|
390 kcal
|
Proteínas
|
10,65 g
|
Carbohidratos
|
59,35 g
|
Graxas
|
12,93 g
|
Por
unha ración:
Grupos pertencentes e nutrientes
·
Lentellas: grupo III, ricas en proteínas.
·
Patacas: grupo I, ricas en hidratos de carbono.
·
Chourizo: grupo III, carnes vermellas ricas en
proteínas.
·
Panceta: grupo II, rica en lípidos.
·
Aceite: grupo II, rico en lípidos.
13 de nov. de 2016
MUNG DAAL ELABORADO POR RIMSHA
O ano 2016, como se pode ver nun dos cartaces da mini-exposición do día da "Ciencia en Galego", foi declarado pola FAO como o ano internacional dos legumes.
No mundo cómense moitos tipos de legumes,porque son moi ricos e saudables.
O típico de Pakistán ,Bangladesh,Afganistán e India é o "Daal". Hai moitos tipos de "Daal" : "Mung Daal","Mansur ki Daal","Chane ki Daal"...O "Daal" pódese comer con pan ou arroz .
Este é o "Mung Daal".
Ingredentes:
Durante os meses de novembro e decembro imos subir ao blog as receitas de legumes, que de xeito habitual consumen os nosos alumnos.En cada unha das receitas aparecerá unha imaxe, os ingredientes, o proceso de elaboración e o valor nutrición do prato.
Comezaremos cun prato típico de Pakistán: o "Mung Daal", cociñado por Rimsha Gondal de 3º ESO C.
No mundo cómense moitos tipos de legumes,porque son moi ricos e saudables.
O típico de Pakistán ,Bangladesh,Afganistán e India é o "Daal". Hai moitos tipos de "Daal" : "Mung Daal","Mansur ki Daal","Chane ki Daal"...O "Daal" pódese comer con pan ou arroz .
Este é o "Mung Daal".
Ingredentes:
-Aceite de oliva-Cebola
-Allo
-Jejibre
-Tomate
-Sal
-Pemento vermello raiado
-"Haldi"
-Tomate frito
-"Jira"
-"Mung Daal"
-Allo
-Jejibre
-Tomate
-Sal
-Pemento vermello raiado
-"Haldi"
-Tomate frito
-"Jira"
-"Mung Daal"
"Mung Daal" é rico en proteinas , mineraies e fibra.
7 de nov. de 2016
UNIDADE DIDÁCTICA A CASTAÑA
Compartimos a unidade didáctica elaborada polo Equipo de Normalización do IES MONTE CARRASCO DE CANGAS
4 de nov. de 2016
VII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Brochure Galician Oficial by ofiadeirodalingua on Scribd
Legumes by ofiadeirodalingua on Scribd
diversidade.pdf by ofiadeirodalingua on Scribd
Cruz Gallastegui by ofiadeirodalingua on Scribd
enfermida de celtas by ofiadeirodalingua on Scribd
O alumnado de PMAR e os que cursan Bioloxía en 3º traballarán con estes cartaces a través da realización de este cuestionario:
Cuestionario Sobre Os Legumes by ofiadeirodalingua on Scribd
3 de nov. de 2016
27 de out. de 2016
A TECEDORA DE SOÑOS
O epicentro do festival Entreculturas chegou para nós o venres 15 de outubro, cando representamos por última vez –que triste sona dicilo– La casa de Bernarda Alba, A estanqueira da Praza da Merced e Anfitrión. Foron tres obras das que sen dúbida todos aprendemos algo. Falando por min, cada personaxe aportoume algo distinto, e aínda que poida sonar irónico e incluso incoherente, Bernarda aportoume as gañas de loitar ao máximo pola liberdade en todos os apectos.
TECEDORA NO AUDITORIO 1 : Presentación & Anfitrión from DANIEL GARCIA CANCIO on Vimeo.
Creo que non me equivoco ao dicir que para todos os membros do grupo de teatro, foi unha experiencia inolvidable, non só por ter a oportunidade de mostrar aquelo que levabamos meses ensaiando; meses duros, pero que tiveron o seu bo resultado; senon tamén por recibir a maior das recompensas ante un traballo ben feito, os aplausos do público. Sinceros, cálidos, reais… Vivimos para eses aplausos. Nese momento non importan os erros que se cometeron, os nervios ou as discusións… calquera sacrifício dá o mesmo se a recompensa é tan grata. Porque sí, fixemos sacrificios. Horas que quizáis algúns precisabamos para estudar e que sen embargo llas entregamos ao teatro porque no fondo é o que nos gusta, porque estamos comprometidos con algo que disfrutamos, porque o escenario é o noso lugar. E pese a crer que moitas cousas poderían saír mal, que deixaramos o listón tan alto que xa non poderíamos subir de nivel… foi marabilloso, cada ano é ainda máis marabilloso ca o anterior.
Pola miña parte, só teño que engadir que estou agradecida, e estareino eternamente. A todas esas persoas que dende as butacas do auditorio nos aplaudían case sen parar; aos meus compañeiros, de verdade, sodes todos incríbles á vosa maneira; e sobre todo, ás nosas mestras. A elas e ao seu apoio incondicional pase o que pase, nas boas e nas malas. Sen vós, non seriamos nada.
Noa Méndez 2º Bach B.