Este ano, imos conmemorar o día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, dun xeito moi especial, recitando un poema, escrito na súa honra, pola profesora de Ciencias Sociais do noso centro, Carmen Rivero.
No seguinte vídeo, gravado e editado polo profesor de Grego e coordinador TICS, Daniel García Cancio, aparece Carmen Rivero recitando, acompañada á guitarra por Francisco Jiménez Pérez, alumno de 1º ESO D, . Tamén están todos os alumnos de 1º ESO B, alzando nubes de cartolina. En cada nube está escrita unha destas marabillosas palabras da nosa lingua, escollidas por Carmen : cogomelo, xoaniña, larpeiro, andoriña, fervenza, feitizo, morriña, bolboreta, folerpa, lóstrego, bico, bágoa, axóuxere, berce, meigallo, luar, brétema, treboada, luscofusco e avelaíña.
Podedes ver o vídeo premendo nesta LIGAZÓN
A continuación aparece o fermoso poema adicado a nosa poeta máis universal:
Podedes ver o vídeo premendo nesta LIGAZÓN
A continuación aparece o fermoso poema adicado a nosa poeta máis universal:
Querida ROSALíA
(“ Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.” )
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.” )
Rosalía de Castro.
Cantares Gallegos-1852
Querida
Rosalía :
Onte vin nos ollos puros dunha nena,
un
tempo novo;
ao
escoitar dos seus beizos
este
falar meloso
e
puiden albiscar un futuro
preñado de esperanza,
que
sen ti,
quizais ficaría baleiro.
¿Como esquecer os teus versos?
Ese
amor a Galicia
que zumegan as túas letras,
asolagando
os ollos
e
encollendo as entrañas.
dos
que amamos esta terra.
¿Como non agradecerche
que
rescataras o noso idioma
para que brille con luz propia?
Cando
todo estaba escurecido
teimaches e teimaches en escribir
na lingua máis fermosa;
Ceibando camiños atuídos polas silvas
que afogaban no esquecemento,
a supervivencia
nosa.
¿Como non loarte , muller galega
que
viviches as penurias desta xente?
se
fuches quen de ser muller,
cando
daquela era unha eiva,
e aínda así facer poemas
escribindo
na lingua da pobreza.
¿Como non lembrar a túa andaina?
Se fixeches que mulleres coma ti ,
prenderan o facho que deixaches
honrando
o sexo feminino,
que
nin é segundo nin é débil;
e seguen a colocar pedras
construíndo
día a día
este país senlleiro .
¿Como non bendicir o
teu nome
desexando que sigas a facer o que ben sabes?
Dende
o infindo lugar onde te atopes,
non
deixes que a túa pluma se volva preguiceira
e
segue , segue, querida musa,
escribindo
palabras fermosas
nesta
lingua meiga.
Carmen Rivero Gallego .
Do Poemario “Berce de peliqueiros”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario