Os alumnos premiados no concurso Fotontroido 2018 son:
1º premio: Uxía Álvarez Nieves 4º ESO B con "Legado de Paixón".
2º premio: Iria Castro Yáñez 2º BAC C con "Isto é un sentimento e cadaquén víveo a súa maneira"
3º premio: Antonio Porto González 2º BAC C con "Entroido, espíritu ceibe".
23 de mar. de 2018
22 de mar. de 2018
INSPIRACIENCIA 2018
INSPIRACIENCIA
concurso de relatos de inspiración científica
Escribe unha boa ficción científica e participa!
Tes tempo ata o 17 de maio de 2018
Tes tempo ata o 17 de maio de 2018
O curso pasado a alumna do noso centro Saioa Zozaya Fernández acadou o primeiro premio na modalidade de relato xuvenil en galego.
Para consultar as bases do concurso preme na seguinte LIGAZÓN
21 de mar. de 2018
"NEGRA SOMBRA". ACTIVIDADE COA QUE A BIBLIOTECA DO CHIVITE CONMEMOROU O DÍA DA POESÍA.
Para conmemorar o Día da Poesía, a biblioteca do noso instituto organizou unha actividade musical que nos permitiu gozar co talento de Saray Suárez (4 ESO B) e do alumnado de 4 ESO coa optativa de Música.
Saray interpretou o poema de Rosalía musicado por Xoán Montes, e o alumnado de 4 ESO de Música fixo un rap a partir do fermoso poema.
Gozade coas súas interpretacións. Podedes visualizar os vídeos premendo nas seguintes ligazóns:
Vídeo de Saray
Vídeo do rap
EXPOSICIÓN FOTONTROIDO 2018
Xa están expostas todas as imaxes dos participantes no concurso "FOTONTROIDO 2018". Se participaches no concurso, atopa a túa foto:
O día 23 de marzo daranse a coñecer os finalistas e os premiados. Moita sorte a todos!
20 de mar. de 2018
PREPARANDO O PRÓLOGO DE "A BELA E A BESTA"
Había unha vez, nun afastado país, un príncipe novo que vivía nun escintilante castelo.
A pesares de ter todo o que podería desexar, o príncipe era egoísta, déspota e consentido.
Mais, unha noite de invernía, chegou ao castelo unha anciá mendiga e ofreceulle unha simple rosa a cambio de que lle dese acubillo, pola friaxe.
Repugnado polo seu desagradable aspecto, o príncipe desprezou o agasallo e expulsou a anciá... Pero ela advertiulle que non se deixase levar polas apariencias, porque a beleza se atopa no interior... E cando volveu rexeitala, a fealdade da anciá desapareceu, dando paso a unha fermosísima feiticeira .
O príncipe tratou de desculparse, pero era tarde de máis, pois ela xa vira que no seu corazón non había amor... E como castigo, transformouno nunha horrible besta, e lanzou un feitizo sobre o castelo e sobre todos os que alí vivían ...Avergoñado polo seu aspecto, o monstro encerrouse no interior do seu castelo , cun espello máxico como única fiestra ó mundo exterior.
A rosa que ela lle ofrecera era en realidade unha rosa encantada, que seguiría fresca ata que el cumprise vinteún anos. Se era quen de aprender a amar unha muller e gañar o seu amor antes de que caese o derradeiro pétalo,
entón, o feitizo romperíase... Se non, quedaría condenado a ser unha besta para sempre. Ó pasar os anos, comezou a impacientarse, e perdeu toda esperanza, pois.... Quen se ía namorar dunha besta?

"LEMA ANTI-BULLING". ACTIVIDADE TEI DE INCLUSIÓN
O día 19 de marzo tivo lugar unha nova actividade de cohesión do programa TEI.
Cada parella de titor/a e titorizado/a tiveron que crear un lema, acompañado dunha imaxe, que representase a loita conta o acoso escolar ou algún dos aspectos desa loita (romper a lei do silencio, denunciar o maltrato, sensibilización das testemuñas...).

NIMBOSTRATOS DESCARGAN PINGAS DE USO SOSTIBLE DA AUGA SOBRE UN BOSQUE MÁXICO E POÉTICO
Este ano conmemoramos o día mundial da poesía (21 de marzo), da árbore (21 de marzo) e da auga (22 de marzo) de xeito conxunto, cun traballo cooperativo no que participaron profesores de tres departamentos: Bioloxía, Debuxo e Lingua Galega.
Na entrada do instituto instalouse un bosque máxico e poético, que recibe pingas de auga con recomendacións de consumo responsable.
Toda a estrutura foi deseñada e montada polo profesor Jarvier Rodríguez, empregando tres elementos:

- Os debuxos de árbores realizados polos alumnos de 1º e 3º ESO coa profesora Margarita García. Podedes velos todos premendo na seguinte LIGAZÓN.
- As pingas de auga de consumo responsable, feitas polo alumnado de 1º ESO, baixo a supervisión das profesoras Iria Relova e Rosario Romero.
- Os poemas compostos polos alumnos de 1º ESO A e C a petición do profesor Xabier Álvarez, despois de contemplar os debuxos das árbores. Podedes lelos premento na seguinte LIGAZÓN
14 de mar. de 2018
"QUEDA PROHIBIDO", ACTIVIDADE TEI DE AUTOCOÑECEMENTO
O luns 12 de marzo, no progrma TEI, traballamos o autocoñecemento e a intelixencia intrapersonal, partindo do poema de Pablo Neruda "Queda prohibido".
Este poema prohíbenos todo o que pode afectar negativamente a nosa vida e dinos que debemos enfrontarnos aos problemas con optimismo.
Unha das actividades que realizaron os alumnos foi facer unha positivación de dúas estrofas do poema, substituíndo o "queda prohíbido" por "está permitido".
A continuación aparecen as versións libres e positivas compostas por algúns grupos de alumnos:
Está permitido porlle boa cara aos problemas,
loitar polo que quero, pola miña vida,
que o medo non nos deteña,
facer realidade os nosos soños.
Está permitido non darlle as cosas aos meus amigos,
intentar comprender o que nos rodea,
non chamalos só por necesidade,
ver as nosas virtudes e deixar os defectos.
Está permitido aprender cando choramos.
Está permitido saber que facer.
Está permitido non terlle medo aos recordos.
Está permitido non sentirme só nunca.
Está permitido sorrir aos problemas.
Está permitido loitar polo que quero.
Está permitido continuar aínda tendo medo.
Está permitido converter en realidade os teus soños.
Está permitido ser eu mesma diante da xente
non finxir diante das persoas que me importan
ser eu mesma aínda que non me recorden
e non esquecer a toda a xente que me quere
Está permitido facer as cousas por min mesma
crer en min e construir a miña historia
ser valente ante a vida e os seus castigos
vivir cada día como se fose o último
Está permitido demostrarche o meu amor
facer que sintas a miña felicidade e o meu bo humor
inventarme o que nunca existiu
e recordarte cada minuto
Está permitido queres aos meus amigos
comprender o que vivimos
que me chamen cando me necesitan
e que todos sexamos iguais
Este poema prohíbenos todo o que pode afectar negativamente a nosa vida e dinos que debemos enfrontarnos aos problemas con optimismo.
Unha das actividades que realizaron os alumnos foi facer unha positivación de dúas estrofas do poema, substituíndo o "queda prohíbido" por "está permitido".
A continuación aparecen as versións libres e positivas compostas por algúns grupos de alumnos:
Está permitido porlle boa cara aos problemas,
loitar polo que quero, pola miña vida,
que o medo non nos deteña,
facer realidade os nosos soños.
Está permitido non darlle as cosas aos meus amigos,
intentar comprender o que nos rodea,
non chamalos só por necesidade,
ver as nosas virtudes e deixar os defectos.
Ainara Alonso, Alejandra Feijoó, María García e Esther Canado de 3º ESO B
Está permitido chorar aprendendo,
levantarse todos os días sabendo que facer,
aceptar os meus recordos,
sentirme acompañado.
Está permitido acompañar aos meus amigos,
intentar comprender o que non vivimos,
chamalos todos os días,
ver que todos somos distintos.
Uxía Estévez, Adrián Martínez, Miguel Parada, Miguel Quintas e Sara Rodríguez de 3º B.
Está permitido saber que facer.
Está permitido non terlle medo aos recordos.
Está permitido non sentirme só nunca.
Está permitido sorrir aos problemas.
Está permitido loitar polo que quero.
Está permitido continuar aínda tendo medo.
Está permitido converter en realidade os teus soños.
Claudia, Álvarez, Silvia Augusto, Desiree Barreira, Joel Cruz e Andrés García de 3º ESO B
non finxir diante das persoas que me importan
ser eu mesma aínda que non me recorden
e non esquecer a toda a xente que me quere
Está permitido facer as cousas por min mesma
crer en min e construir a miña historia
ser valente ante a vida e os seus castigos
vivir cada día como se fose o último
Eirín Seoane e Mª Eliza Tavares 3º ESO C
Está permitido demostrarche o meu amor
facer que sintas a miña felicidade e o meu bo humor
inventarme o que nunca existiu
e recordarte cada minuto
Está permitido queres aos meus amigos
comprender o que vivimos
que me chamen cando me necesitan
e que todos sexamos iguais
Fátima El Mouahhid e Alejandra Vega 3º ESO C
Está permitido rir para aprender,
cada día aumentar o noso saber,
recordar os bos momentos
e non botarse a perder.
Está permitido superar os probemas,
non recordar as nosas perdas,
loitar polo que queremos,
aprender dos nosos erros.
Vanessa Campos e Lara Lamas 3º ESO C
PRIMEIRA PROBA DO RALLY SEN FRONTEIRAS 2018
O martes, 13 de marzo, alumnos de 1º, 2º e 3º ESO do noso centro, realizaron a primeira proba do "VI Rally científico e matemático sen fronteiras".
Participaron na modalidade de matemáticas, os seguintes grupos de oito alumnos:
- Un grupo de 1º ESO C integrado por: Elena Lorenzo, Esther Lorenzo, Anabel Lorenzo, Claudia Lorenzo, Daniel Oliveira, Adrián Pérez, Eliana Reigada e Adara Vivel.
- Un grupo de 2º ESO B integrado por: Nicolás Abegue, Dayana Campos, Isaura Da Costa, Evelio André Danoz, Gisela Dapia, Brais Miguel Fernández, Pablo García e Iago Garza.
- Un grupo de 2º ESO D integrado por: Diego Prieto, Aaron Prieto, Noa Rodríguez, Carla Rosas, Uxía Salgado, Antonio Salgado, Noa Sobrino e Rocío Vaamonde.
- Dous grupos de 3º ESO B. O primeiro integrado por: Claudia Álvarez, Silvia Augusto, Lorena Cordeiro, Joel Adrián Cruz, Andrés García, Adrián Martínez, Miguel Pérez e Celia Sousa. O segundo grupo integrado por: Ainara Alonso, Sheila Alves, Alejandra Feijoó, María García, María González, Miguel Quintas, Dimitri Ramos e Tania Rodríguez.
- Un grupo de 3º ESO C integrado por: Dalia Díaz, Fátima El Mouahhid, Ainhoa Jimeno, Yeray Jimeno, Elmhedi Laghmari, Lara Lamas, Eirín Seoane e Miriam Vázquez.
Tan alta participación foi posible grazas a implicación e a capacidade motivadora de tres profesores: Paula Páramo, Lucía Seoane e Luis González Jove.
13 de mar. de 2018
CONFERENCIA SOBRE A DOAZÓN DE ÓRGANOS
O
mércores día 21de febreiro impartiuse unha charla sobre a doazón de órganos para os
alumnos de primeiro de bacherelato, onde se nos falou da importancia que ten
doar órganos.
A
día de hoxe, en España realízanse entre dous e tres transplantes diarios. Para
realizar estes transplantes, existe unha lista de prioridades e aquelas persoas
que teñen máis risco de morte, son as primeiras en ser transplantadas. En
practicamente todos os casos, os doantes son descoñecidos. Pero non todos
podemos ser doantes, por exemplo, se hai risco de empeorar a saúde ou morrer, o
doante será betado de doar, maioritariamente todos os doantes son persoas xa
falecidas.
Actualmente
podense transplantar practicamente todos os órganos e técidos do corpo e nos
últimos anos incrementouse o número de doantes tanto por comunidades como a
nivel xeral no país.
Previamente
o transplante, compróbase que o órgano estea en ben para ver se é valido ou
non.
En
Galicia, só se realizan transplantes en dous hospitales. Un dos transplantes
máis común é o de ril, normalmente o doante soe ser un familiar para garantir a
compatibilidade. Por outra banda, o transplante de pel realizase en xente con
queimaduras importantes.
Para
evitar o rexeitamento de órganos, normalmente dánse uns fármacos, que evitan
ese rexeitamento; os primeiros aparecen en 1960 e en 1967, realizase o primeiro
transplante de corazón.
Segundo
a lei española, todos somos doantes a non ser que manifestemos en vida
oposición.
A
maioría dos órganos doados, son doados por cádaveres. Un cádaver pode doar:
Ril, figado, corazón, púlmons, páncreas e intestinos, en canto a técidos doa:
córneas e técidos osteotendinosos entre outros.
No
futuro cálculase que a doazón terá novos
inmunosupresores, órganos artificiais, clonación de órganos e incluso a
posibilidade de realizar transplantes de órganos de animais a persoas.
Uxía CarneroRodríguez 1º BAC B
AS ALUMNAS E OS ALUMNOS DE 2º ESO D CONMEMORARON O DÍA DA MULLER TRABALLADORA
As alumnas e os alumnos de 2º ESO D, o día 8 de marzo, luciron lazos violetas e decoraron a aula con globos violetas para reinvindicar a igualdade real entre homes e mulleres.
12 de mar. de 2018
MAQUETAS CELULARES REALIZADAS POLOS ALUMNOS DE 1º ESO C E 1º ESO D
Os alumnos de 1º ESO C e 1º ESO D deseñaron e construiron maquetas de células eucariotas e procariotas coa súa profesora de Bioloxía, Iria Relova. Un bo xeito de aprender a estrutura celular.
Podedes visualizar todos os modelos realizados premendo na seguinte LIGAZÓN
8 de mar. de 2018
SETE PIONEIRAS GALEGAS RETRATADAS POR SETE ALUMNAS EXCEPCIONAIS
Sete alumnas de 2º BAC, que cursan Debuxo Artítico coa profesora Margarita García, retrataron a sete mulleres galegas relevantes:
Andrea Pereira retratou a Maruja Mallo, Leticia Lozano a Sofía Casanova, Alba Sanín a Xela Arias, Iria Vázquez a Rosalía de Castro, Iria Castro a María Castaña, Noemí Danta a Mª Xosé Queizán e Alba Vázquez a María Casares.

7 de mar. de 2018
AS ALUMNAS DO CHIVITE ANTE O DÍA 8 DE MARZO E A FOLGA FEMINISTA
As alumnas do noso centro, co gallo do Día Internacional da Muller e a folga que vai ter lugar ese día, oito de marzo, prepararon textos, reflexións, pancartas, que hoxe compartiron connosco.
Premendo nos seguintes enlaces, podedes ver os vídeos gravados durante as intervencións das nosas alumnas:
Vídeo 1
Vídeo 2
Ademais, premendo no seguinte enlace, poderedes ler os textos en galego das alumnas que tomaron a palabra, Esther Santiago, Sara Guerra, Sara Portela e Andrea Pereira, de 2º Bacharelato, e Laura Menéndez, de 4 ESO:
Manifesto en galego
E premendo no seguinte accederedes a fotografías do acto:
Imaxes
6 de mar. de 2018
100 MULLERES GALEGAS RELEVANTES NA BIBLIOTECA
Se durante esta semana vas á biblioteca do instituto atoparaste con 100 mulleres galegas relevantes: Syra Alonso, Amparo Alvajar, Francisca Álvarez, Ángeles Álvariño, Concepción Arenal, Xela Arias, Sofía Casanova, Mª Xosé Queizán, María Castaña, Maruja Mallo, etc.
Non perdas a oportunidade de coñecer a historia destas mulleres excepcionais.
Non perdas a oportunidade de coñecer a historia destas mulleres excepcionais.
1 de mar. de 2018
AVISTANDO PAXAROS NO PATIO
O 21 de febreiro, os alumnos de 2º ESO realizaron unha saída ao patio do instituto con Xosé Ramón Reigada para observar e ouvír paxaros.
Puideron avistar, directamente ou coa axuda dun telescopio, as seguintes especies: Lavandeira branca (Motacilla alba), pardal (Passer domesticus), xirín (Serinus serinus), estornino negro (Estorninus unicolor), merlo común (Turdus merula) e pega (Pica pica).