14 de mar. de 2018

"QUEDA PROHIBIDO", ACTIVIDADE TEI DE AUTOCOÑECEMENTO

O luns 12 de marzo, no progrma TEI, traballamos o autocoñecemento e a intelixencia intrapersonal, partindo do poema de Pablo Neruda "Queda prohibido".
Este poema prohíbenos todo o que pode afectar negativamente a nosa vida e dinos que debemos enfrontarnos aos problemas con optimismo.
Unha das actividades que realizaron os alumnos foi facer unha positivación de dúas estrofas do poema, substituíndo o "queda prohíbido" por "está permitido".

A continuación aparecen as versións libres e positivas compostas por algúns grupos de alumnos:

Está permitido porlle boa cara aos problemas,
loitar polo que quero, pola miña vida,
que o medo non nos deteña,
facer realidade os nosos soños.

Está permitido non darlle as cosas aos meus amigos,
intentar comprender o que nos rodea,
non chamalos só por necesidade,
ver as nosas virtudes e deixar os defectos.


Ainara Alonso, Alejandra Feijoó, María García e Esther Canado de 3º ESO B

Está permitido chorar aprendendo,
levantarse todos os días sabendo que facer,
aceptar os meus recordos,
sentirme acompañado.

Está permitido acompañar aos meus amigos,
intentar comprender o que non vivimos,
chamalos todos os días,
ver que todos somos distintos.

Uxía Estévez, Adrián Martínez, Miguel Parada, Miguel Quintas e Sara Rodríguez de 3º B.


Está permitido aprender cando choramos.
Está permitido saber que facer.
Está permitido non terlle medo aos recordos.
Está permitido non sentirme só nunca.

Está permitido sorrir aos problemas.
Está permitido loitar polo que quero.
Está permitido continuar aínda tendo medo.
Está permitido converter en realidade os teus soños.


Claudia, Álvarez, Silvia Augusto, Desiree Barreira, Joel Cruz e Andrés García de 3º ESO B

Está permitido ser eu mesma diante da xente
non finxir diante das persoas que me importan
ser eu mesma aínda que non me recorden
e non esquecer a toda a xente que me quere

Está permitido facer as cousas por min mesma
crer en min e construir a miña historia
ser valente ante a vida  e os seus castigos
vivir cada día como se  fose o último

Eirín Seoane e Mª Eliza Tavares 3º ESO C

Está permitido demostrarche o meu amor
facer que sintas a miña felicidade e o meu bo humor
inventarme o que nunca existiu
e recordarte cada minuto

Está permitido queres aos meus amigos
comprender o que vivimos
que me chamen cando me necesitan
e que todos sexamos iguais

Fátima El Mouahhid e Alejandra Vega 3º ESO C

Está permitido rir para aprender,
cada día aumentar o noso saber,
recordar os bos momentos
e non botarse a perder.

Está permitido superar os probemas,
non recordar as nosas perdas,
loitar polo que queremos,
aprender dos nosos erros.


Vanessa Campos e Lara Lamas 3º ESO C

Ningún comentario:

Publicar un comentario