DOUS VIDEOPOEMAS FINALISTAS DO CONCURSO SOBRE COMPOSICIÓNS POÉTICAS DE ROSALÍA E MANUEL MARÍA
Dous videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía de Castro, realizados por alumn@s de 2º de bacharelato, que cursan as materias de "Imaxe e Son" e "Literatura Galega do Século XX", están entre os finalistas da II edición do concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, concocado pola Casa-Museo Manuel María. O certame está dirixido ao alumnado galego de ensino non universitario a partir da ESO. A entrega de premios terá lugar o día 19 de maio no auditorio da propia Casa-Museo, en Outeiro de Rei. Os videopoemas son: "Tecín soia a miña tea" de: Alba Rodríguez González, Paula Martínez Lorenzo, Helena Pousada Godás, María Elisa Álvarez Bravo, Sara Portela Ruíz e Juan Gallego Otero.
"Cando a luniña aparece" de Iria Castro Yáñez e Ana Manso Fernández.
Parabéns aos rapac@s, e aos profesor@s que os animaron a participar e colaboraron con eles: Rosa Alonso e César Sánchez!
Ningún comentario:
Publicar un comentario