Vídeo de Javier Díaz (Profesor de Plástica)
Así, ademais de"Historia de una escalera", de Buero Vallejo, e grandes monólogos teatrais femininos procedentes de obras como "Medea", ou "Fuenteovejuna", que foron interpretados en castelán, representaron en galego "As ras e o Sol", unha fábula na que oito ras alborotadoras piden ó Sol que lles envíe un soberano que sexa quen de pór orde na súa caótica charca.
Tamén asistimos ós monólogos protagonizados por personaxes masculinos, pertencentes ó mundo da literatura (Balbino, de "Memorias dun neno labrego"; O Principiño e o raposo, de "O Principiño") e ó mundo do cinema (Alfredo e Totó, de "Cinema paradiso"; o barbeiro confundido co dictador Hynkel, de "O gran ditador"; o amigo do protagonista de "Cadea perpetua").
David Rodríguez Rivada (Profesor de Música)
Ningún comentario:
Publicar un comentario