Imaxe de Javier Rodríguez |
18 de dec. de 2018
GOZA DO NADAL EN GALEGO!
15 de dec. de 2018
GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOS "A VENDIMA 2018"
Neste concurso participaron 101 alumnos, que enviaron 215 fotos.
Os gañadores do concurso fotográfico "A vendima 2018" son:
1º premio da categoría de 1º e 2º ESO:
Lucía Díaz Villarino 1º ESO B.
1º premio da categoría de 3º e 4º ESO:
Manuel Quintas Martínez 4º ESO C. "Doce solpor"
Os gañadores do concurso fotográfico "A vendima 2018" son:
1º premio da categoría de 1º e 2º ESO:
Lucía Díaz Villarino 1º ESO B.
Manuel Quintas Martínez 4º ESO C. "Doce solpor"
"Doce solpor". Ao rematar un día tan
marabilloso como este, non hai nada mellor que despedir ao sol cun acio de uvas
recollido coas túas propias mans.
1º premio da categoría de 1º e 2º BAC:
Inés García Nóvoa 1º BAC A. "89 vendimas"
Por que se di que o viño mellora cós anos?
O viño ao igual cás persoas vai sumando cos anos sabedoría, experiencia e
paixón. Por iso, é nas engurras, onde se atopa o saber máis doce.
Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos por participar!
Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos por participar!
14 de dec. de 2018
SARAY SUÁREZ MONTOYA, GALARDOADA POLO SEU ESFORZO E SUPERACIÓN PERSOAL NA ESO.
Saray Suárez, alumna do noso centro, que cursa 1º de Bacharelato, acaba de lograr un dos vinte premios, que a Consellería de Educación concede ao esforzo e a superación persoal do alumnado de ESO, superando as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural.
Recibirá 750 euros, pero o principal obxectivo destes premios é que os alumnos galardoados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares.
Nunha entrevista publicada hoxe en "La voz de Galicia" Saray comenta que non debería ser noticia que unha xitana aprobe a ESO e que o máis importante na vida, a base de todo, é a educación. A súa meta é chegar a graduarse en Maxisterio por Infantil.
13 de dec. de 2018
DIPROSIA, TITANIA OU EUROPIA: A GRANXA DE VACAS CON NOME DE TÁBOA PERIÓDICA
Rosalind Franklin e Lise Meitner viven en Palas de Rei, xunto a Europia, Titania ou Disprosia, bautizadas en homenaxe aos elementos da táboa periódica. Todas son vacas da granxa A Cernada, unha explotación bovina de leite situada na aldea do mesmo nome, ao norte do concello de Palas de Rei, xa preto de Friol. Son algunhas das 6.837 vacas que, segundo os datos de Medio Rural, viven no municipio. Moitas máis ca as 3.489 persoas empadroadas en Palas; unha mostra do pulo do sector primario na comarca da Ulloa, unha das principais zonas produtoras de leite de Galicia. Podedes seguir lendo o artigo da revista GCiencia premendo na seguinte LIGAZÓN
TARXETAS DE NADAL
Este ano a tarxeta, feita por Samuel Martínez, de 3 ESO B, foi a gañadora, e con ela felicitaremos o Nadal no noso centro. Parabéns Samuel!
Se queredes ver, as demais tarxetas realizadas polo alumnado do Taboada Chivite, podedes premer na seguinte LIGAZÓN
12 de dec. de 2018
EXTRACCIÓN DO ADN DUN PLÁTANO
Neste vídeo, Pablo Rodríguez Dos Praceres e Miguel Quintas Parada de 4º ESO B, desenvolveron un experimento para extraer o ADN dun plátano.
11 de dec. de 2018
SON PREXUDICIAIS OS ALIMENTOS TRANSXÉNICOS?
Dous grupos de alumnas de 4º ESO, analizan nas súas presentacións, se os alimentos transxénicos son prexudiciais para a nosa saúde.
O primeiro grupo está integado por Sheila Álves Gómez e Esther Canado Gómez de 4º ESO A
Para ver a súa presentación, podedes premer na seguinte LIGAZÓN.
O segundo grupo está formado por Naiara Rodríguez Rojas e María Vega Pazos de 4º ESO C.
Para ver a súa presentación, podedes premer na seguinte LIGAZÓN

5 de dec. de 2018
III EDICIÓN DO CONCURSO DE VIDEOPOEMAS SOBRE COMPOSICIÓNS POÉTICAS DE ROSALÍA E MANUEL MARÍA
A Casa-Museo Manuel María organiza un concurso de
videopoemas que ten por finalidade a potenciación da
creatividade artística a través da conxunción da palabra,
o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da
obra de Rosalía e Manuel María.
O concurso vai destinado a todo o alumnado galego de ensino non universitario a partir da ESO podendo facelo tanto a nivel individual como grupal.
Os videopoemas consistirán nun vídeo baseado nunha composición poética en galego de Rosalía ou de Manuel María. O poema deberá aparecer nalgún momento do videopoema, ben sexa impreso, recitado ou en calquera outra opción que se considere.
Os centros participantes deberán realizar a súa preinscrición antes do 18 de marzo.
O curso pasado dous videopoemas realizados por alumnas do noso centro: "Tecín soia a miña tea" e "Cando a luniña aparece" quedaron finalista da II edición dete concurso.
Animádevos a participar!!!
Podedes consultar as bases premendo nesta LIGAZÓN

4 de dec. de 2018
PREMIO LUIS FREIRE DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA NA ESCOLA
Os Museos Científicos Coruñeses instauraron o Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola en 1999, para promover entre o estudantado galego valores como a creatividade, a imaxinación, a constancia e o espírito crítico.
Con motivo do 20 aniversario premiaranse todas as inscricións que finalicen e presenten a súa investigación. As persoas admitidas poderán comezar as súas investigacións e traballos ao recibir a confirmación de inscrición.
O alumnado de ESO poderá participar de xeito individual ou en grupos de como máximo tres persoas.
Os que desexedes participar deberedes elixir a pregunta que será obxecto da vosa investigación e cumprimentar o boletín de inscrición, onde redactaredes un
resumo do proxecto (extensión máxima de 60 palabras).
O prazo de inscrición remata o día 28 de decembro de 2018 ás 12:00.
As bases do concurso, así como o boletín de inscrición pódense consultar premendo na seguinte LIGAZÓN
3 de dec. de 2018
PREMIOS OUFF ESCOLA, MENCIÓN ESPECIAL AOS ALUMNOS DO CHIVITE POLAS CURTAS PRESENTADAS
Hoxe 3 de decembro, celebrouse a gala de premios do concurso Ouff Escola 2018, presentado polo actor Fernando González, no Auditorio Municicipal de Ourense. Esta edición contou con 102 traballos a concurso.
Os alumnos do noso centro, recibiron unha mención especial pola calidade dos traballos presentados. Participaron con dezaseis curtametraxes, que coordinou a profesora de Lingua Galega Rosa Alonso.
Parabéns rapaces!!!. Ler máis

2 de dec. de 2018
O ALUMNADO DE IMAXE E SON PARTICIPA NO FIC
Na semana do 1 ao 9 de decembro estase a celebrar
o III Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC) no que se visualizarán 68
curtas de 26 países diferentes, seleccionadas entre as 1261 curtas que recibiron
os organizadores do certame.
Paralelamente estanse realizando unha serie de
actividades públicas co gallo de potenciar o festival. Entre elas está achegar o
certame ao alumnado e dende este punto de vista o alumnado de Imaxe e Son está elaborando
unhas curtametraxes seguindo os mesmos pasos que se dan a nivel profesional
(elaboración de guións literarios, técnicos, storyboard, plan de rodaxe,
reparto de funcións, produción, edición, making of…) colaborando con Xosé Luis
Santiago, “Pello”, xefe de produción do festival. De feito, están a traballar
en catro curtas con diferentes temáticas e esperan poder chegar a gravalas
todas.
Baixo esta liña de traballo, os alumnos de Imaxe
e Son recibiron unhas acreditacións dos organizadores do evento que lles dan
acceso ás curtas que se emitirán ademais de, poder contactar, coñecer e
entrevistar a profesionais que virán ao festival e embeber todo o relacionado
co mundo audiovisual patente na semana do FIC.
Ler máis.
Ler máis.