A Casa-Museo Manuel María organiza un concurso de
videopoemas que ten por finalidade a potenciación da
creatividade artística a través da conxunción da palabra,
o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da
obra de Rosalía e Manuel María.
O concurso vai destinado a todo o alumnado galego
de ensino non universitario a partir da ESO podendo
facelo tanto a nivel individual como grupal.
Os videopoemas consistirán nun vídeo baseado
nunha composición poética en galego de Rosalía ou
de Manuel María. O poema deberá aparecer nalgún
momento do videopoema, ben sexa impreso, recitado
ou en calquera outra opción que se considere.
Os centros participantes deberán realizar a súa
preinscrición antes do 18 de marzo.
O curso pasado dous videopoemas realizados por alumnas do noso centro: "Tecín soia a miña tea" e "Cando a luniña aparece" quedaron finalista da II edición dete concurso.
Animádevos a participar!!!
Podedes consultar as bases premendo nesta LIGAZÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario