28 de mar. de 2019

MAQUETAS CELULARES


O alumnado de 1 ESO C e D da profesora Cruz González Porto, do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, está a estudar a célula e fixeron estas vistosas maquetas.

26 de mar. de 2019

APAGAMOS O LUME COAS NOSAS BÁGOAS


"Apagamos o lume coas nosas bágoas" é o título que o alumnado do CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén (guiados polo seu profesor Víctor Rodríguez, excompañeiro no IES Taboada Chivite) deu á incrible exposición feita cos traballos por eles elaborados a raíz dos lumes que asolaron a súa terra. Estudaron os efectos devastadores do lume, reflexionaron, expresaron os seus sentimientos e descubrimentos a través da arte...Temos a sorte de poder gozar dese marabilloso traballo durante o vindeiro mes na Casa da Cultura de Verín. Non a perdades!!!!
Podedes ver imaxes da exposición premendo na seguinte LIGAZÓN

21 de mar. de 2019

A RECICLAXE DE PAPEL NO CHIVITE

Naiara Rodríguez Rojas e Mª Vega Pazos de 4º ESO C analizan no seu proxecto o consumo de papel no noso centro, así como o nivel de concienciación da comunidade educativa fronte á reutilización e a reciclaxe do mesmo.
Ademais de explicarnos as vantaxes de reciclar papel (aforro enerxético, económico e de auga, salva árbores, etc.), realizaron o proceso de xeito artesanal.


20 de mar. de 2019

DÍA DA ÁRBORE


Polo Día da Árbore, alumnado da profesora de galego Rosa Alonso dará nomes en galego a unha morea de árbores fantásticas, como as que aparecen nas fotos. Ademais, plantarán un carballo no patio do Taboada Chivite.

IMPACTOS AMBIENTAIS ANALIZADOS POR TRES ALUMNAS DE 4º ESO C


     
María Pérez Luis, Sara Rodríguez Manso e Lorena Rodríguez González, de 4º ESO C, describen no seu proxecto de investigación os tipos de contaminación e de impactos ambientais, así como as consecuencias que ten nas nosas vidas. Tamén desenvolveron un experimento para analizar a vida que hai nunha charca de auga estancada, e como inflúen nela os diferentes tipos de contaminantes.

18 de mar. de 2019

EXPOSICIÓN DE TABOÍÑAS CON TEXTOS EN GREGO ANTIGO

O profesor do IES Taboada Chivite Daniel García Cancio fixo co seu alumnado as taboíñas con textos en grego antigo que podedes ver no vídeo. Estarán expostas na biblioteca do IES Taboada Chivite toda a semana. Parabéns polo traballo!

13 de mar. de 2019

O SISTEMA SOLAR

 "O sistema solar", polo alumnado de 1 ESO C e D da profesora Cruz González, do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.














11 de mar. de 2019

ACTIVIDADES CO GALLO DO DÍA DA MULLER NO NOSO CENTRO

Hoxe luns, ás 16:40, alumnado do noso instituto asistirá á representación dos monólogos teatrais "Mulleres", por parte do grupo de teatro do noso instituto, "A tecedora de soños". 
A continuación, ás 17:00, poderán ver no salón de actos do centro a curtametraxe "Matria", do galego Álvaro Gago, gañadora (entre outros moitos galardóns) do Gran Premio do Xurado do Festival de Sundance á mellor curtametraxe na edición do pasado ano e nominada este ó Goya á mellor curtametraxe.