Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
28 de mar. de 2019
MAQUETAS CELULARES
O alumnado de 1 ESO C e D da profesora Cruz González Porto, do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, está a estudar a célula e fixeron estas vistosas maquetas.
26 de mar. de 2019
APAGAMOS O LUME COAS NOSAS BÁGOAS
"Apagamos o lume coas nosas bágoas" é o título que o alumnado do CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén (guiados polo seu profesor Víctor Rodríguez, excompañeiro no IES Taboada Chivite) deu á incrible exposición feita cos traballos por eles elaborados a raíz dos lumes que asolaron a súa terra. Estudaron os efectos devastadores do lume, reflexionaron, expresaron os seus sentimientos e descubrimentos a través da arte...Temos a sorte de poder gozar dese marabilloso traballo durante o vindeiro mes na Casa da Cultura de Verín. Non a perdades!!!!
Podedes ver imaxes da exposición premendo na seguinte LIGAZÓN
21 de mar. de 2019
A RECICLAXE DE PAPEL NO CHIVITE
Naiara Rodríguez Rojas e Mª Vega Pazos de 4º ESO C analizan no seu proxecto o consumo de papel no noso centro, así como o nivel de concienciación da comunidade educativa fronte á reutilización e a reciclaxe do mesmo.
Ademais de explicarnos as vantaxes de reciclar papel (aforro enerxético, económico e de auga, salva árbores, etc.), realizaron o proceso de xeito artesanal.
Ademais de explicarnos as vantaxes de reciclar papel (aforro enerxético, económico e de auga, salva árbores, etc.), realizaron o proceso de xeito artesanal.
20 de mar. de 2019
DÍA DA ÁRBORE
IMPACTOS AMBIENTAIS ANALIZADOS POR TRES ALUMNAS DE 4º ESO C
María Pérez Luis, Sara Rodríguez Manso e Lorena Rodríguez González, de 4º ESO C, describen no seu proxecto de investigación os tipos de
contaminación e de impactos ambientais, así como as consecuencias que ten
nas nosas vidas. Tamén desenvolveron un experimento para analizar a
vida que hai nunha charca de auga estancada, e como inflúen nela os diferentes
tipos de contaminantes.
18 de mar. de 2019
EXPOSICIÓN DE TABOÍÑAS CON TEXTOS EN GREGO ANTIGO
O profesor do IES Taboada Chivite Daniel García Cancio fixo co seu alumnado as taboíñas con textos en grego antigo que podedes ver no vídeo. Estarán expostas na biblioteca do IES Taboada Chivite toda a semana. Parabéns polo traballo!
13 de mar. de 2019
O SISTEMA SOLAR
"O sistema solar", polo alumnado de 1 ESO C e D da profesora Cruz González, do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
11 de mar. de 2019
ACTIVIDADES CO GALLO DO DÍA DA MULLER NO NOSO CENTRO
Hoxe luns, ás 16:40, alumnado do noso instituto asistirá á representación dos monólogos teatrais "Mulleres", por parte do grupo de teatro do noso instituto, "A tecedora de soños".
A continuación, ás 17:00, poderán ver no salón de actos do centro a curtametraxe "Matria", do galego Álvaro Gago, gañadora (entre outros moitos galardóns) do Gran Premio do Xurado do Festival de Sundance á mellor curtametraxe na edición do pasado ano e nominada este ó Goya á mellor curtametraxe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)