Se es alumno do IES Xesús Taboada Chivite, sae ao monte e descobre o seu valor. Participa no concurso de fotos "O valor do monte galego".
O tema a retratar é: O valor económico, ambiental, social, cultural e paisaxístico dos nosos montes.
Cada alumno poderá presentar un máximo de tres fotografías. Cada imaxe irá acompañada dun título, da data de realización e dunha breve reflexión explicativa en verso ou en prosa sobre
o beneficio directo (madeira, froitos, pastos, leña, cogumelos, mel, etc.) ou
indirecto (redución da erosión, regulación do clima,
fertilidade do solo, etc)
que aporta o monte na ilustración.
As imaxes enviaranse en formato dixital a ofiadeirodalingua@gmail.com
. Na
mensaxe indicarase o nome do autor/a e o curso.
Tes ata o 31 de outubro para participar. Que non se che pase!
Podes consultar as bases premendo na seguinte LIGAZÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario