Parabéns polo traballo!!!
28 de nov. de 2019
VÍDEO CONTRA ALGÚNS DOS MACHISMOS QUE AMALLOAN A NOSA SOCIEDADE
Parabéns polo traballo!!!
26 de nov. de 2019
PRESENTACIÓN "BASI E OS SEUS AMIGOS"
(Moitas grazas, Rebeca e Maite, responsábeis da Biblioteca. Moitas grazas, César, director do centro.)
Hai oito anos " Basi " chegou ó club de lectura A árbore vermella da man da súa autora, a "fada" Julia, como a chamaban os/as seus/súas nenos/as de infantil.
Naquela sesión do club coñecéronse Julia e o noso compañeiro Víctor, outro ser cheo de maxia, que xa comezara a facer algunhas ilustracións do conto de Julia, imaxes que nos deixaron a todos abraiados. Foi unha sesión do club desas que quedan gravadas. Na nosa árbore vermella compartimos moitos momentos que atesoraremos para sempre nos nosos corazóns, cheos de deleite, de aprendizaxe, de proximidade, de verdade, de calor humano.
O nacemento do que sería uns cantos anos despois o libro ilustrado "Basi e os seus amigos" foi un deses momentos especiais, inesquecibles.
Tiveron que pasar uns anos ata que o proxecto iniciado por Julia cos/coas seus/súas pequenos/as alumnos/as de infantil se convertise en obra impresa...Mais onte pechouse o círculo. De novo na biblioteca do Chivite sentimos como se estivésemos outra vez nunha sesión da nosa querida árbore vermella. Nun ambiente de intimidade, arroupados por persoas que sempre están preto, apoiando, querendo, Julia e Víctor, que traían Basi con eles, faláronnos de novo, como hai oito anos...E de novo, como hai oito anos, gozamos...E aprendemos.
Naquela sesión do club coñecéronse Julia e o noso compañeiro Víctor, outro ser cheo de maxia, que xa comezara a facer algunhas ilustracións do conto de Julia, imaxes que nos deixaron a todos abraiados. Foi unha sesión do club desas que quedan gravadas. Na nosa árbore vermella compartimos moitos momentos que atesoraremos para sempre nos nosos corazóns, cheos de deleite, de aprendizaxe, de proximidade, de verdade, de calor humano.
O nacemento do que sería uns cantos anos despois o libro ilustrado "Basi e os seus amigos" foi un deses momentos especiais, inesquecibles.
Tiveron que pasar uns anos ata que o proxecto iniciado por Julia cos/coas seus/súas pequenos/as alumnos/as de infantil se convertise en obra impresa...Mais onte pechouse o círculo. De novo na biblioteca do Chivite sentimos como se estivésemos outra vez nunha sesión da nosa querida árbore vermella. Nun ambiente de intimidade, arroupados por persoas que sempre están preto, apoiando, querendo, Julia e Víctor, que traían Basi con eles, faláronnos de novo, como hai oito anos...E de novo, como hai oito anos, gozamos...E aprendemos.
A continuación o texto que David Rodríguez Rivada, profesor de música do IES Taboada Chivite e fillo da autora, escribiu despois da primeira visita de "Basi" ó noso centro:
Do 22/10/2011.
A mirada fulminante do basilisco foi un tópico literario moi recorrente nos nosos poetas do Século de Ouro. A miúdo utilizaban referencias deste tipo para subliñar o carácter demoníaco ou sobrenatural do desamor e os seus recunchos.
Por iso resulta enormemente orixinal exporse a convidar este ser monstruoso e maléfico a unha aula de nenos de entre 3 e 5 anos.
Pero precisamente a mirada do que contempla pode ser o que faga perigoso o ser observado.
Cando a man que sinala faino pedindo un achegamento coa outra, non hai lanzas senón felpudos de benvida e abrazos reconciliadores.
Unha aula de infantil é moito, moitísimo máis ca unha réplica en miniatura do que serán logo as aulas de instituto. É moito máis que xogar coa plastilina, cantar cancións ou pintar. Moitísimo máis.
É probablemente o elo máis complexo de toda a cadea educativa, xa que estamos a falar da casa de saída. Do que aí se faga dependerá se este neno mañá terá opcións no nivel académico, afectivo e persoal, ou non.
Trátase dun traballo de enormes consecuencias, xa que o material humano co que se trata é moi sensíbel a toda acción, as pegadas do bo ou mal facer do profesor quedarán aí, en cada neno.
Por iso encántame o traballo que fan os mestres e mestras de infantil, e permitídeme que neste artigo fale do caso da miña nai, Julia Rivada.
Onte deleitounos no club de lectura (xunto ao noso marabilloso e sempre lúcido compañeiro Víctor, profe de plástica, que está a ilustrar o seu conto cun gusto e unha dedicación impecables) falando sobre o seu proxecto " Basi e os seus amigos".
Chámoo proxecto e non conto porque realmente o seu alcance transcende os límites do relato inicial ou da obra teatral posterior.
Un proxecto que trata temas como a integración, a igualdade, o amor á diferenza e o respecto polo que cada un é.
Un traballo multidisciplinar que non se reduce a un texto fermoso cuns personaxes que se prestan a intervir, e facer disfraces cos nenos.
Unha tarefa que ben podería converterse nos rudimentos dunha democracia e un civismo tan necesarios como realmente escasos hoxe día.
É un conto no que podemos buscarnos cada un de nós, porque non é só un paseo que un ser estraño aos ollos dos demais dá, non é só a creación dunha comunidade na que o lema "ti es eu, eu son ti" impera.
É ademais a oportunidade marabillosa de aceptar o que cada un de nós pode achegar aos demais, o que os demais nos poden ensinar, o que debemos afrontar na vida, e o modo en que os problemas poden disolverse con boas intencións e determinación.
A empatía é quizais a palabra crave. Esa palabra que tan poucos saben definir de verdade, entendendo por "de verdade" o feito de practicala.
A necesidade de vivir tamén a través das experiencias alleas, dos outros, dos demais, dos non-eu, para achegarnos un pasiño máis ao que é a humanidade.
Basi, un conto para nenos e para maiores.
Basi, un inicio para unha longa vida chea de sapos que te desprezan, galos que te miran por riba do ombreiro, serpes que che quitan o pelello ás túas costas.
Basi, un guión fabuloso para unha vida chea de sapos entrañábeis que croan de ledicia nas charcas cando ven que te achegas; unha vida chea de galos alegres e risoños que che alegran o corazón coas súas historias e palabras; unha vida chea de serpes loitadoras que renovan a súa pel ante as feridas que unha vida de privacións e miserias lles ofrece.
Basi, ou unha Dorothy que camiña en busca do seu mago de Oz coa compaña dun sapo, un galo e unha serpe capaces de abandonar os seus prexuízos e voar moi por encima do aburrido camiño de baldosas amarelas, atravesando campos de mapoulas dormideiras e bosques con monos voadores.
Basi, ou o basilisco que non mata, senón que che abre os ollos e che amosa o que es realmente.
Basi, ou a nai e profesora e superheroína e sobrevivente e demiurga.
Basi, ou a revelación compartida no mellor dos momentos.
Basi, ou a mirada que salva.
Basi, ou a diferenza que iguala.
Basi, ou a procura da propia identidade a través da mestura co outro.
Orgullo de nai, utilizado nun sentido invertido: é o fillo o que se enorgullece de compartir o mundo con ela.
David Rodríguez Rivada
22 de nov. de 2019
"VERDADES NO ESPELLO"
"Verdades no espello", espectacular actividade organizada pola Biblioteca do IES Taboada Chivite co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro). Mensaxes impactantes que non poden deixar indiferente a ninguén.
Para ver as mensaxes, podedes premer na seguinte LIGAZÓN
Parabéns pola iniciativa!
Parabéns pola iniciativa!
VÍDEOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO REALIZADOS POR ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO
Nesta lista de reprodución podedes ver os vídeos contra a violencia de xénero, realizados polo alumnado de 2º de Bacharelato na optativa de Literatura Galega do Século XX.
Serán proxectados o luns 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na pantalla que está instalada ao lado de conserxería, para que toda a comunidade educativa do noso centro poida velos.
21 de nov. de 2019
LORENA CARNERO (ANTIGA ALUMNA) PRESENTA UN LIBRO SOBRE XESÚS TABOADA CHIVITE NA BIBLIOTECA DE VERÍN.
Este venres 22 de novembro, ás 19:30h, Lorena Carnero Pérez, antiga alumna do centro, que rematou 2º de Bacharelato en xuño de 2013, presentará na Biblioteca de Verín o seu libro D. Xesús Taboada Chivite: Dende o seu fisterre tamagán". O
libro, editado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín, contén o
conxunto de separatas que publicou D. Xesús Taboada Chivite en multitude
de revistas especializadas na etnografía e a arqueoloxía. O libro foi
completado cunha biografía intimista que nos leva a coñecer ao escritor
dun xeito máis próximo, todo relacionado coa correspondencia que este
mantivo cos seus coetáneos ao longo da súa vida.
Para ampliar a información, preme na seguinte LIGAZÓN que te dirixe ao artigo publicado no "Diario do Támega".
Para ampliar a información, preme na seguinte LIGAZÓN que te dirixe ao artigo publicado no "Diario do Támega".
FINALISTAS DO CONCURSO FOTOGRÁFICO "O VALOR DO MONTE GALEGO"
Os finalistas do concurso "o valor dos nosos montes" son:
Na categoría "Alumnos da ESO":
Marta Gijón (3º ESO C):
Diego Álvarez (3º ESO D):
Uxía Rúa (3º ESO C):
Marta Gil (3º ESO C):
Na categoría "Alumnos de Bacharelato":
Esther Canado (1º BAC A):
Lorena Gómez (1º BAC B):
En breve daremos a coñecer aos gañadores.
Na categoría "Alumnos da ESO":
Marta Gijón (3º ESO C):
“O
ceo e o monte”: Un valor que aporta o monte a simple vista é o seu aspecto, a
simple vista é unha bonita mestura de cores.
|
“El
é forte”; medra cara ó ceo a pesar de que a gravidade lle di que se encolla
cara ó chan.
|
“As
marabillas dos montes”. O monte galego é rico nunha gran variedade de
cogomelos, algúns deles comestibles, e plantas medicinais, entre outros moitos
tesouros que agocha .
|
“Árbores
sedentas”: Grazas a esta facilidade das árbores para atopar auga podemos
disfrutar da súa beleza. Tamén dos bosques que estas forman e do osíxeno que
nos proporcionan.
|
Esther Canado (1º BAC A):
“
Ao amencer saen todos os corzos pacer”
|
A
CEPA DOURADA
No
monte e abandonada,
onde
agora só hai castiñeiros,
nalgún
día deu a súa vida,
e
mira cara o solpor soitaria.
|
SABELA SOUTO (ANTIGA ALUMNA) NO FIC VIA XIV COA CURTA "SANTA BAIA DE MONTES"
Imos comezar con Sabela Souto, que rematou 2º de Bacharelato en xuño de 2016 e actualmente estuda Comunicación Audiovisual en Pontevedra.
Entre os días 30 de novembro e 4 de decembro vai ter lugar en Verín o Festival Internacional de Curtas, no cal vai participar Sabela, dentro da sección " A Raia" coa curta: "Santa Baia de Monte".
A continuación aparece o trailer da súa creación:
Que teñas moita sorte no FIC VIA XIV, Sabela!
Podedes acceder ao programa do festival premendo na seguinte LIGAZÓN
15 de nov. de 2019
PESADELOS SOBRE FONDO NEGRO
Traballos realizados polo alumnado de 2º de Bacharelato co título de "Pesadelos" e inspirados nos artistas Ben Heiner e Mokhallad Habid.
Parabéns rapaces e rapazas!
Para ver os traballos premede na seguinte LIGAZÓN
ENTREVISTA A ALBERTE BLANCO
13 de nov. de 2019
NOVO COMPROMISO ECOLÓXICO: REDUCE O CONSUMO DE PLÁSTICOS
Mercar con bolsas de tea. Daniel García Cancio |
O novo reto que vos plantexamos e unha diminución no consumo de plásticos. Podedes atopar alternativas ao consumo de plásticos premendo na seguinte LIGAZÓN
Poñede en práctica este compromiso e enviade imaxes cun lema e os vosos datos a ofiadeirodalingua@gmail.com.
Animádevos a participar!!!
IMAXES DO COMPROMISO "AFORREMOS AUGA"
Se queredes ver os compromisos de aforro de auga asumidos por algúns membros da comunidade educativa do noso centro, podedes premer na seguinte LIGAZÓN
11 de nov. de 2019
ACTIVIDADE CONXUNTA "ENCÓNTRAO" DO PROGRAMA CHIVITEI
Nun principio é difícil que as parellas TEI teñan confianza e se relacionen. Esta situación é debida a que
non se coñecen, a que lles da vergoña ou pola diferenza de idade.
Dende o centro preténdese
posibilitar un maior contacto entre as parellas TEI para crear unha boa relación
entre eles/as, así como favorecerlles momentos nos que poidan coñecerse máis,
entenderse, descubrirse e incluso facerse amigos/as.
Consideramos o recreo un
momento idóneo para este encontro e por iso esta actividade vaise realizar de
forma activa nos recreos desta semana.
Os dous membros da parella TEI teranse que buscar para entrevistarse mutuamente. As tarxetas coas cuestións, que se deben plantexar, facilitáronse hoxe na hora de titoría e deberán devolvelas aos seus profesor/a titor/a cubertas.
9 de nov. de 2019
OS MINERAIS QUE APARECEN NA FICCIÓN, EXISTEN NA REALIDADE?
Seguramente vistes películas, listes libros ou cómics nos que aparecían rochas con poderes incribles como as Xemas do Infinito, a kryptonita ou o mithril.
Ou mesmo sabedes de personaxes con armaduras de materiais indestrutibles ou que controlan o magnetismo ou os glaciares.
E aquí van as dúbidas que se me presentaron ao afrontarme inicialmente a este traballo : Estas marabillas terán algunha base real? Poderemos atoparnos no noso propio planeta co talón de Aquiles de Superman? Poderemos facernos unha armadura tan resistente coma a de Bilbo Bolsón?
8 de nov. de 2019
CONCURSO DECORA A TÚA PORTA DE NADAL
O equipo da biblioteca, "Bibliochivite", anímavos a que participedes no concurso "decora a túa porta de Nadal".
Cada clase, coa axuda do seu titor, terá que engalanar a porta da súa aula con temática de Nadal entre os días 9 e o 19 de decembro. O xurado premiará a porta máis orixinal.
Podedes ir pensando no deseño e nos materiais que queredes empregar.
Cada clase, coa axuda do seu titor, terá que engalanar a porta da súa aula con temática de Nadal entre os días 9 e o 19 de decembro. O xurado premiará a porta máis orixinal.
Podedes ir pensando no deseño e nos materiais que queredes empregar.
4 de nov. de 2019
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NO CHIVITE, ADICADO Á TÁBOA PERIÓDICA
Este ano, conmemoramos o Día da Ciencia en Galego, cos dous murais sobre a Táboa Periódica, realizados por alumnado de 3º ESO A e C coa súa profesora Dolores Meiriño.
Almudena Juncal e Esther Lorenzo, de 3º ESO A, fixeron o mural títulado: "Elementos Químicos Españois", no que aparece a historia de tres elementos da táboa, descubertos por españois: Vanadio, Wolframio e Platino. Se queredes coñecer a historia destes elementos, premede na seguinte LIGAZÓN
Anabel Lorenzo, Juan José Rodio, Noa Rodríguez, Lorena Moreira e Katarina Teixeira de 3º ESO C, realizaron o mural "Mulleres na Táboa Periódica", no que aparecen cinco mulleres pioneiras, que identificaron cinco elementos: Marie Curie (Polonio e Radio), Berta Karlik (Astato), Ida Nodack (Renio), Lise Meitner (un isótopo do Protactinio) e Margarite Perey (Francio).
Podedes ampliar a información, premendo na seguinte LIGAZÓN
3 de nov. de 2019
IV CONCURSO ESCOLAR DE DEBUXO E REDACCIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.
As mulleres foron e son vitais no mundo da ciencia.
Que descubrimentos científicos fixeron Hipatia de Alejandría, Bárbara McClintock, Rosalind Franklind, Jane Goodald, Jocelyn Bell, Lisa Meitner...?
En que campo da ciencia traballan as seguintes mulleres: Mara Dierssen, Margarita Salas, María Blasco, Ana Mª Prieto, Nubia Muñoz, Vanesa Valdeiglesias García, Sonia Villapol Salgado, Alicia Estévez Toranzo, Gloria Revilla López..., que cos seus traballos de investigación contribúen a mellorar as nosas vidas?.
Hai algunha muller científica na comarca de Verín ?. E na túa familia?
Indaga sobre o tema e anímate a participar no concurso sobre "As Mulleres e a Ciencia" organizado pola Universidade de Vigo.
Para consultar as bases, preme na seguinte LIGAZÓN