24 de dec. de 2019
CONSELLOS PARA DESFRUTAR DO MONTE NO NADAL
21 de dec. de 2019
CADA PORTA: UN FOGAR DE FOGARES ONDE OS DESEXOS SON COMPARTIDOS. FELIZ 2020!
20 de dec. de 2019
RECADACIÓN "SEMANA SOLIDARIA"
Na organización "Save de Children" ingresáronse 820 euros recadados na carreira solidaria.
En Cáritas Verín entregáronse 142 euros recollidos no Mercadillo Solidario, a roupa que non se vendeu, así como os alimentos recollidos na Campaña Nadal Solidario.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!
Felices Festas!
UNHA FOTOMONTAXE DO NOSO CENTRO PREMIADA NO CONCURSO SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO DAS EUROCIDADES GALICIA-NORTE DE PORTUGAL
Gabriela Dumitru e Elías Fabrizio Bernal Barrios de 2º ESO B premiados no concurso de imaxes sobre cooperación Galicia-Norte de Portugal na promoción da Igualdade e a Prevención de Violencia de Xénero coa fotomontaxe "Podemos con todo".
Proximamente darase a coñecer a data de entrega de premios.
Parabéns rapaces!!!
Para máis información premede na seguinte LIGAZÓN
PEQUENOS EMPRENDEDORES DO MONTE NO CHIVITE
Ambientador de piñóns, bálsamo labial de mel e castañas, aceite de caléndula, culler de pao de cerdeira, xabón de lavanda, licor de herbas, crema de castañas, leite de castañas, doces feitos con noces (bica, barritas enerxéticas e galletas), galletas de mel, madalenas de arandos e biscoito de morogos son algúns dos produtos fabricados con materias primas do monte polo alumnado de 3º ESO de Bioloxía e de 1º de bacharelato de Anatomía Aplicada.
Non só elaboraron os produtos, tamén desenvolveron os procesos de envasado, etiquetado e conservación. Ademais, puxéronlles prezo e deseñaron un eslogan para comercializalos.
Podedes consultar as presentacións dos produtos que se espuxeron na aula, premendo na seguinte LIGAZÓN
17 de dec. de 2019
TARXETA DE NADAL
Esta é a tarxeta escollida polo noso centro para felicitar o Nadal. É o resultado de combinar as tarxetas presentadas a concurso por Ainara Alonso Miguélez de 4º ESO A, Manuel Añel Prieto de 1º BAC C e Noa Lombao González de 1º BAC C.
Parabéns aos tres polas vosas aportacións!!!
Parabéns aos tres polas vosas aportacións!!!
GAÑADORES DO CONCURSO DE CURIOSIDADES "SABÍAS QUE...?" ORGANIZADO POLA ANPA
Os gañadores do concurso de curiosidades "Sabías que...?", organizado pola ANPA son:
- Carlos Vázquez Arcos (1º ESO A): Sabías que o 20 % do osíxeno da Terra é producido pola selva tropical do Amazonas?
- Adrián Rodríguez de Jesús (1º ESO B): Sabías que non Antigo Exipto, se un gato da familia morría, todos os membros da familia afeitábanse as cellas en sinal de loito?
- Hiba Karym (1º ESO C): Sabías que se dormes oito horas, enfermas con menos frecuencia, manteste nun peso saudable, diminúe o estrés e mellora o teu estado de ánimo?
- Lucas Rodríguez González (1º ESO D): Sabías que Albert Einstein nunca foi un bo alumno? De feito con nove anos pensaban que tiña un síndrome mental.
- Siomara Navarro Miranda (3º ESO D): Sabías que se pos un ovo no medio de dous móbiles lograrás que se cociñe en aproximadamente sesenta e dous minutos?
Parabéns a todos os premiados!!!
GAÑADORES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO "O VALOR DOS NOSOS MONTES"
Os gañadores do concurso fotográfico "o valor dos nosos montes" son:
Na categoría de "alumnado da ESO":
Diego Álvarez (3º ESO D):
Na categoría de "alumnado de Bacharelato":
Sheila Prieto (1º BAC A):
Na categoría de "alumnado da ESO":
“El é forte”; medra cara ó ceo a pesar de que a gravidade lle di que se encolla cara ó chan.
|
Sheila Prieto (1º BAC A):
14 de dec. de 2019
O MUSICAL LA LA LAND EN GALEGO
Xa en proceso de elaboración. Letras traducidas ó galego, un decorado....Aínda que este ano faremos un "remix" con números de musicais anteriores,arrancamos tamén coa preparación de La La Land
11 de dec. de 2019
O APALPADOR CHEGOU Ó IES TABOADA CHIVITE
O Apalpador chegou ó IES Taboada Chivite.
Moitas grazas a todos/as os/as alumnos/as do programa "CHIVITEI", que colaborastes coas vosas coplas e os vosos debuxos!!!
Bo Nadal!
Para ver o álbum completo de fotos podedes premer na seguinte LIGAZÓN
10 de dec. de 2019
O CORREDOR DOS DESEXOS
Un espectacular mar de desexos percorre o corredor que leva á Biblioteca. Oxalá que os soños do noso alumnado se convertan en realidade o vindeiro ano.
Nesta actividade participaron alumnos de todo o centro, os seus titores e o EDLG.
NADAL SOLIDARIO
Comeza a campaña "Nadal solidario".
Recolleremos alimentos que serán doados a Cáritas Verín para o seu reparto na Campaña de Nadal.
Podedes traer todo tipo de alimentos non perecedoiros: legumes, pasta, arroz, fariña, azucre, leite, aceite e conservas.
Tamén recolleremos xoguetes en bo estado.
Dado que o reparto vaise facer para as festas de Nadal, tamén podedes traer doces, galletas, chocolate, turrón, polvoróns...
Os alimentos depositaranse na entrada, ao lado de conserxería e haberá un gráfico onde teredes que marcar a cantidade de produtos que deixedes para que todos poidamos ver o avance na recollida.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
2 de dec. de 2019
IMAXES DO COMPROMISO ECOLÓXICO REDUCE O CONSUMO DE PLÁSTICO
Se queredes ver os compromisos de redución do consumo de plástico asumidos polos membros da comunidade educativa do noso centro, podedes premer na seguinte LIGAZÓN
O RETO ECOLÓXICO DO MES DE DECEMBRO É: REDUCE A EMISIÓN DE GASES DE EFECTO INVERNADOIRO.
O compromiso ecolóxico que vos plantexamos este mes é reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro . Podedes consultar algúns consellos, premendo na seguinte LIGAZÓN
Poñede en práctica este reto e enviade imaxes cun lema e os vosos datos a ofiadeirodalingua@gmail.com.
Animádevos a participar!!!
CARREIRA SOLIDARIA NO CHIVITE
Data: Martes 3 de decembro de 2019 ás 12:00 H.
Organiza: IES Xesús Taboada Chivite.
Obxectivo: Recaudar a maior cantidade posible de diñeiro para "Save the Children"
Todo o diñeiro recaudado será ingresado na organización internacional "Save the Children".
Cada alumno participante deberá buscar patrocinadores que lle paguen o seu esforzo. Cantos máis patrocinadores teña, maior será a súa aportación.
A carreira será nun circuito pechado, de tal xeito que cada volta suporá unha maior recaudación.
Non é necesario correr, non é necesario gañar, simplemente debemos participar.
Colaboran: Cabreiroá, Hortoverín, Concello de Verín e IES Xesús Taboada Chivite (Departamento de Educación Física e equipo Erasmus +)