Comeza a campaña
"Nadal solidario".
Recolleremos
alimentos que serán doados a Cáritas Verín para o seu reparto na Campaña de Nadal.
Podedes traer todo tipo de alimentos non perecedoiros: legumes, pasta, arroz, fariña, azucre, leite, aceite e conservas.
Tamén recolleremos
xoguetes en bo estado.
Dado que o reparto vaise facer para as festas de Nadal, tamén podedes traer doces, galletas, chocolate, turrón, polvoróns...
Os alimentos depositaranse na entrada, ao lado de conserxería e haberá un gráfico onde teredes que marcar a cantidade de produtos que deixedes para que todos poidamos ver o avance na recollida.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario