ASPECTO POSITIVO DO CONFINAMENTO: REDUCIÓN DOS GASES DE EFECTO INVERNADOIRO
No mes de decembro plantexamos o compromiso ecolóxico de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. Por mor do confinamento é algo que estamos a cumprir toda a comunidade educativa.
Por iso, desde o EDLG retomamos este reto e animámosvos a que compartades con nós imaxes sobre a redución dos gases de efecto invernadoiro, acompañadas dun lema e dos vosos datos, a través da seguinte dirección de correo electrónico: ofiadeirodalingua@gmail.com
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Forza!!! E...Quedade na casa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario