9 de mar. de 2020
MULLERES INVENTORAS
A Biblioteca do IES Taboada Chivite organizou, co gallo do Día da Muller, unha estupenda actividade que nos permitiu descubrir cinco mulleres inventoras cuxos inventos son esenciais nas nosas vidas. As alumnas (e grandes actrices) Sara Xing Moredo, Laura Seoane, María Guerra, María Justo e Oumaima Fathallah deron vida a esas mulleres ante alumnado de 2°, 3° e 4° ESO. Entraron nas súas clases convertidas en:
Marion O' Brien, de Indiana, que inventou o cueiro de celulosa.
Josephine Crichane, de Ohio, que inventou o lavalouza.
Leticia Mumford Geer, de Nova York, que inventou a xeringa.
Ángela Ruiz Robles,de Ferrol, que inventou a enciclopedia visual.
Josefina García, de Porto do Son, que inventou o tecido impermeable.
Parabéns á Biblioteca!!!!!!
Podedes ver imaxes desta actividade premendo nesta LIGAZÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario