Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO A.
A castaña galega é a única con marca de calidade recoñecida en España e non, non engorda tanto como se cre. Cocidas, asadas, en fariña ou como marmelada, a castaña pódese preparar de múltiples formas ou comerse crúa. Este alimento foi (e segue sendo) fundamental na alimentación dos galegos, aínda que actualmente consómese sobre todo durante o outono.
O cultivo da castaña cambiou ao longo dos anos. Os nosos antepasados tiñan diferentes variedades nun souto, ou incluso na mesma árbore para que a campaña durase máis e o autoconsumo e a alimentación dos animais estivesen garantidos. "Agora vaise a unha partida homoxénea de comercialización para que sexan todas a mesma variedade, mesmo calibre, que pelen igual, que cozan coa mesma intensidade..."A nivel autóctono temos Castanea Sativa, que está protexida pola IGP (Indicación Xeográfica Protexida).
A castaña galega é unha das máis valoradas a nivel mundial polas súas características organolépticas, que fan referencia á cor, ao sabor, á textura, á aparencia e ao cheiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario