Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A
Tamén chamada vieira galega ou europea, é un molusco
bivalvo emparentado coas ameixas
Características
A súa valva superior é case plana mentres que a inferior é máis grande e ondulada ou convexa. Debido ao seu menor tamaño os bordos da valva superior entran un pouco nos da inferior, que sobresaen un pouco. Son afiados e ondulados.

Descrición principal
Vive sobre fondos de area ou grava preto da costa, chegando ata profundidades de 100 m. para buscar augas límpas. De cando en cando fíxanse sobre as rochas, pero normalmente repousan sobre o fondo apoiándose na valva inferior.
Curiosidades
As distintas culturas identificárona coa boa sorte, a fecundidade, o nacemento e a rexeneración.
A vieira galega distínguese das de Francia e Gran Bretaña por ter unha cor máis intensa con tons violáceos, e por ter a valva superior case plana e os seus bordos ondulados non encaixar cos da valva inferior.
Os exemplares máis grandes poden chegar ao medio quilo de peso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario