23 de xan. de 2021

OURO DE QUIROGA: UN ACEITE GALEGO ENTRE OS DEZ MELLORES DO MUNDO

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.


“Ouro de Quiroga” é un aceite de oliva virxe extra, elaborado con olivas procedentes de oliveiras centenarias, situadas na comarca de Quiroga (Lugo). O clima da Ribeira Sacra, coas súas peculiaridades , é moi propicio para o seu cultivo aínda que se siga asociando coa zona mediterránea.

Este produto elabórase coas dúas únicas variedades autóctonas galegas: a brava e a mansa, nunha versión actualizada e industrial, dos muiños cos que os seus devanceiros elaboraban cada outono o seu propio aceite. A empresa conta cunha produción pequena , duns 2000 litros anuais, nos que priman a calidade por riba da cantidade..

Na súa elaboración séguese un exquisito coidado en tódalas  fases do proceso, cun constante respecto polo medio ambiente e aproveitando a sabedoría adquirida ao longo de varias xeracións, para que o aceite conserve tódalas súas propiedades e manteña o seu exquisito sabor.

É un aceite peculiar, cun amargor pronunciado e un toque final picante,  que o distingue. Estes motivos, entre outros, fixeron que “Ouro de Quiroga” fora recoñecido como un dos dez mellores aceites do mundo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario