14 de mar. de 2021

REQUEIXO CASAL

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A


O requeixo de O Casal é un queixo sen sal de pasta branda, de textura cremosa, sabor suave e un pequeno punto de acidez.

Séguese facendo de xeito tradicional desde hai máis de vinte anos, como se facía hai séculos en calquera casa do rural galego. O callado é por acidificación, nun proceso de varias horas de duración en función da temperatura ambiente. Esta callada escórrese en panos, para posteriormente, cando se alcanza o punto de textura desexado, ser pasado aos envases.

 As únicas diferenzas con respecto á forma tradicional de elaboración son o uso de tanques de callado de aceiro inoxidable e o pasteurizado do leite, que aseguran un total control sanitario, sen alterar as propiedades do produto.

A pesar do que poida parecer, o requeixo é semigraxo, ten a metade de graxa dun queixo fresco, o que o fai ideal para dietas. A súa textura cremosa non ven da graxa senón do alto grao de humidade que lle da esa característica única do requeixo O Casal.

Pódese comer só, misturado con azucre, mel, marmelada, froita fresca ou froitos secos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario