10 de abr. de 2021

PATACAS FRITIDAS "A CASA VELLA"

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A


A casa vella é unha empresa galega que trasladou, por motivos operativos,  a súa fábrica desde Fene (A Coruña) ata o concello ourensán de Xinzo da Limia, de onde proceden a totalidade das patacas que utilizan.

Colleitadas no seu momento óptimo e conservadas nun ambiente fresco, seco e protexidas do sol, fai que a pataca, o seu principal ingrediente, teña a máis alta calidade e  a textura crocante que procuran. Seguindo o modelo tradicional  son fritidas na tixola, nunha mestura de aceite de oliva virxe extra da variedade picual e hojiblanca, que resulta excelente pola súa condición en ácidos graxos e oxidantes naturais que lle aportan o grao de suavidade, frescura e acidez que as diferenza. Ademáis destes ingredientes, o sal do Val de Añana,  moi apreciado na alta cociña pola súa pureza, libre de microplásticos e metais, fai das patacas fritidas “A casa vella” un produto excepcional.

As patacas están envasadas en bolsas cunha atmosfera protectora, composta por tres capas, que as manteñen como se estiveran feitas no mesmo día e que chaman a atención polo seu deseño,  creado a partir de fotos antigas reais, que nos fan evocar tempos pasados e lembranzas da infancia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario