Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A
As
galletas artesanais Xianas, que elabora e comercializa a empresa Silvans,
reciben este nome por ser tradicionais da parroquia taboadesa de Xián (Lugo)
onde se facían desde fai máis de cen anos. Antigamente cocíanse entre dúas pranchas
de ferro, cun mango longo que evitaba
que a xente se queimara ao colocalas sobre a cociña de leña.
A
receita que empregan , segue sendo a orixinal e os ingredientes que utilizan na súa
elaboración (manteiga de vaca, fariña de trigo, ovos e azucre) son todos de calidade, como os ovos de galiñas
en liberdade ou o azucre, que é integral de cana. Non engaden ningún tipo de
conservante, colorante nin aditivo. Manteñen as galletas con sabor a manteiga
de toda a vida e incorporaron outros novos coma o de améndoa, o de coco e o de
café.
As Xianas son unhas galletas redondas, de fino
grosor, nas que a empresa quixo innovar, gravando nelas dezaoito motivos
diferentes que fan referencia a nosa historia, cultura, patrimonio e natureza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario