22 de xuño de 2021

O DÍA MÁIS LEDO DO ANO

 Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO


O verán aproxímase, e con el máis horas de sol, a calor ou as ganas de descansar. Creando que o 20 de xuño sexa o día máis feliz do ano, coñecido tamén como  Yellow  Day.

Considérase, polo xeral e atendendo a factores psicolóxicos, laborais ou meteorolóxicos, que é o primeiro día a partir do cal todo cambia, hai máis luz, mellores temperaturas, máis sol, posibles vacacións, etc. En definitiva, un  subidón das hormonas da felicidade, e todo iso asóciase á cor amarela.

Ademais de ser o inicio do verán, coincide coa apertura e a desescalada en moitos aspectos como a próxima desaparición das máscaras como algo obrigatorio en espazos ao aire libre.

O factor meteorolóxico que xustifica este día é que desde mediados de xuño xa se alcanzan temperaturas agradables que oscilan entre os 20 e 30 graos, con días máis longos e máis horas de luz.

Este ano tamén coincide con que é domingo, é dicir, fin de semana, perfectamente aproveitable por moitas persoas para descansar, gozar dos máis próximos e manterse afastado da tensión da semana.

E con todo isto, despídome ata o próximo ano. Que teñades un bo verán a todos e a todas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario