Este vídeo foi realizado pola alumna de 1º BAC,
Noa Sobrino Lamas, para a materia de Literatura Universal.
A continuación, aparece unha reseña, escrita por
ela mesma, na que nos comenta o seu proxecto:
Hai anos, as mulleres non adoitaban reflexionar
sobre a súa posición, e simplemente adoptaban os papeis que lles impuñan. Así
pasaba no Entroido, onde facían e repartían a famosa bica de Laza e colocaban
un dos seus panos nas costas dos peliqueiros. Por outra banda, non calquera era
quen de por o traxe, pois alquilábanse por horas e era moi caro. Para poder
permitirse ese luxo, os homes debían traballar moi duro e aforrar. No caso das
mulleres era máis complicado: ou ben non traballaban ou cobraban menos que os
homes, polo que era casi imposible que acadaran esa suma de cartos. A medida
que se foron facendo máis traxes e o prezo foi baixando, incrementáronse as
oportunidades. Hoxe en día a situación non é tan diferente; non se espera das
mulleres que saian peliqueiras de pura raza, é común pensar que a medida que
vaian crecendo, van perder a paixón polo traxe.
Este poema honra a todas esas peliqueiras que
non se deixan cohibir, en especial a Benita Canteira, moi soada en Laza e
admirada por todos.
Escrito, nunha lingua fonética e autóctona do
Entroido de Laza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario