O luns 31 de maio, o alumnado de 1º ESO realizou unha saída ao río Támega. Esta
actividade, enmarcada dentro do Proxecto Ríos, serviu para que o alumnado coñecese e valorase a importancia
do río como ecosistema e os valores naturais da súa contorna. Ademais, o
alumnado obtivo unha primeira visión da utilidade da análise dos parámetros
físicos, químicos e biolóxicos de cara a determinar a calidade das augas. A
saída estivo dirixida por un membro da Asociación Ecoloxista ADEGA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario