Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO.
Mariscos hai
tantos e tan variados que non sempre nos podemos quedar coas ostras e gambas,
por moi boas que estean. E o Santiaguiño é un deses animaliños curiosos e moi
saborosos que nos trae o mar. De aparencia prehistórica e serena, é pouco coñecido
pero sen dúbida un dos máis apreciados e suculentos mariscos do litoral galego.
Este estraño
crustáceo de corpo robusto e aplanado,
lémbranos á lagosta, pero moito máis pequeno, entre 7 e 10 cm., e con antenas
alargadas en forma de pa. A súa cor é pardo escuro a vermello intenso nos bordos
das espiñas da súa cuberta.
As mesmas
espiñas dorsais que ao cocelo evidencian a orixe do seu nome, pois móstrannos claramente
a Cruz de Santiago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario