28 de nov. de 2021

Que sabes do cinema de Verín? 

Nuria Barreira achéganos a súa historia

Buenos Aires

José Prieto Costela, alcumado Chita, viviu en Ábedes entre os anos corenta e cincuenta traballando no concello de Verín, falecendo no ano oitenta. O Chita casou con Claudia Fernández. Esta tiña catro irmáns, aínda que os máis coñecidos eran Xacinto e Paco. Estes dous últimos emigraron a Bos Aires, Arxentina. Despois de varios anos volveron a Ábedes cunha gran fortuna e con esta decidiron construír o edificio Buenos Aires na rúa Luis Espada. Alí se encontra o cine e unha entrada de vivendas, outra para o bar, na rúa Irmáns  Fernández Álvarez, e outra porta para o cine. As vivendas estaban no andar superior, o bar no medio e unha discoteca no soto.

Esta edificación foi a máis moderna durante moitos anos en Verín.

A discoteca cerrou nos anos setenta e cinco e a cafetería e o cine nos oitenta. O negocio quedou sen clientes por culpa da aparición da televisión onde se vían as películas, facendo así que non asistira xente e pechara. 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario